Archivos de la categoría INTERINOS

CHAMAMENTOS e NOMEAMENTOS DE INTERINOS – PONTEVEDRA – 31 de xaneiro.

balanza SPJ-USO

INTERINOS PONTEVEDRA:

  • 3 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: FISCALÍA DE PONTEVEDRA.

  • 3 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: FISCALÍA DE VIGO.

  • 1 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: XDO. MIXTO 2 DE REDONDELA.

  • 1 DO CORPO DE TRAMITACIÓN: XDO. CONTENCIOSO-ADVO. 2 DE PONTEVEDRA.

  • 1 DO CORPO DE AUXILIO: XDO. MIXTO Nº 1 DE TUI.

– CHAMAMENTOS DE INTERINOS – PONTEVEDRA – 31 de xaneiro.

As  prazas ofertadas son:

1⃣ XDO. CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO N. 2 DE PONTEVEDRA- Tamitación procesual e administrativa- IT do/a titular

2⃣ XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 1 DE TUI -Auxilio Xudicial- IT do/a titular

Sigue leyendo

SPJ USO INFORMA: INTERINOS, CORRECCIÓN DE ERROS DAS LISTAXES RESULTANTES.

INTERINOSPublicouse a corrección de erros relativa á Resolución do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

Ver resolución.

Listaxe de admitidos:

Listaxe de excluídos:

INTERINOS GALICIA: PUBLICADAS AS LISTAXES RESULTANTES DA NOVA BOLSA.

balanza SPJ-USORESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019

Publicouse a RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2020 pola que se aproba a listaxe resultante de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial convocada pola Resolución da Dirección Xeral de Xustiza do 18 de marzo de 2019.

Pode consultar a resolución facendo clic nesta ligazón.

As listas poderán consultarse a través da OPAX (https://www.xunta.es/sxpa/AIX/), seguindo a ruta Bolsa de interinos->Listaxes.

Aqueles aspirantes que estean incluídos en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa deberán seleccionar aquela única na cal desexen quedar no prazo de dez días hábiles desde a publicación desta resolución (Fin do prazo: 11.02.2020 ás 23.59h). En caso contrario, entenderase que desisten da súa solicitude.

A elección deberá facerse de maneira electrónica a través da OPAX.

É importante recordar que ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar, ben electrónicamente, con DNI electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Todos os solicitantes de bolsa dispoñen dun manual na pantalla de «solicitude de bolsa», no apartado «Instrucións».

Nas páxinas 27-29 do manual (33-35 no manual en castelán), explícase como realizar a elección de bolsa.

OPAX INTERINOS

2.1) Se o solicitante so está admitido nun corpo, ao seleccionar a opción de elección de bolsa en OPAX apareceralle unha mensaxe indicando que non é necesario realizar ese paso (impedindo a elección de bolsa):

2.2) Se o solicitante non foi admitido en ningún corpo, ao seleccionar a opción de elección de bolsa en OPAX apareceralle unha mensaxe indicando esa situación (impedindo tamén a elección de bolsa):

Accede á resolución pinchando:

LISTAXES RESULTANTES INTERINOS GALICIA – resolución

Para calquer dúbida ou aclaración ponte en contacto co delegado sindical de SPJ-USO da túa zona.

INTERINOS XUSTIZA ÚLTIMA HORA!!!

INTERINOS

Comunícase que a publicación das listas resultantes ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia prevese para o martes 28.01.2020.

As listas poderán consultarse a través da OPAX, seguindo a ruta Bolsa de interinos->Listaxes.

 

CHAMAMENTOS DE INTERINOS E COBERTURA DAS 7 PRAZAS DE REFORZONA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

26416-interinos-justicia

CHAMAMENTOS DE INTERINOS E COBERTURA DAS 7 PRAZAS DE REFORZO DAS QUE VOS INFORMAMOS NO DIA DE ONTE, E QUE VIÑA SOLICITANDO SPJ-USO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA.

Este mércores  24 de xaneiro de 2020 non foi posible a publicación a través do OPAX das prazas  ofertadas do corpo de tramitación procesual e administrativa por non existir ningunha persoa na bolsa de traballo nin na bolsa de reserva dese corpo.

As  prazas ofertadas son:

3 REFORZO CTPA FISCALIA DE PONTEVEDRA

3 REFORZOS CTPA FISCALIA DE VIGO

1 REFORZO CTPA XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA

Segundo recolle o punto 5 do artigo 6 da orde  do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, “ No caso de se esgotar tamén a bolsa de reserva, e mentres non se formen novas bolsas, ofreceráselles a posibilidade de aceptar voluntariamente o nomeamento aos integrantes da bolsa do corpo inmediatamente superior, e subsidiariamente aos do corpo inmediatamente inferior que posúan os requisitos exixidos para o posto concreto”.

Ofrecidas as prazas as persoas disponibles nos corpos de CXPA e CAX, a persoa disponible na bolsa de XESTION NON ACEPTA NINGUNHA DAS PRAZAS, E A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE AUXILIO XUDICIAL ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE VIGO .

O Xoves 23 de xaneiro de 2020 CESA UNHA INTERINA NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E O DIA 24 DE XANEIRO QUEDA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN.

O MESMO DIA 24 DE XANEIRO OFRECENSELLE AS PRAZAS DISPONIBLES A PERSOA DISPONIBLE NA BOLSA DE TRAMITACIÓN E ACEPTA UNHA DAS PRAZAS DE REFORZO NA FISCALIA DE PONTEVEDRA .

Ao non existir ningunha persoa mais dispoñible nas bolsas do corpo inmediatamente superior ou inferior , nin ningunha persoa baremada fora da bolsa, acudirase para cubrir o posto ao servizo público de emprego da Comunidade Autónoma para cubrir os postos que quedan sen cubrir:

2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE VIGO

2 REFORZOS CTPA NA FISCALIA DE PONTEVEDRA

1 REFORZO CTPA
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN N. 2 DE REDONDELA

SPJ-USO: FEITOS, non palabras!!!