Archivos de la categoría INTERINOS

ÚLTIMOS CHAMAMENTOS DE INTERINOS 10-6-2020

INTERINOS

No día de hoxe saíron publicadas no OPAX chamamentos de persoal interino para que presten servizo nos seguintes órganos que relacionamos por provincias a continuación:

Sigue leyendo

LISTAXES DEFINITIVAS DA BOLSA DE INTERINOS DE XUSTIZA DE GALICIA

Adxuntamos as listaxes definitivas das bolsas definitivas de admitidos e excluidos, así como a Resolución da publicación.

NOTA INFORMATIVA
Unha vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.
Os interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Resolución publicación bolsas

Listado bolsas defintivas:

A Coruña:

CAX_Coruña_admitidos   CAX_Coruña_excluidos

CTPA_Coruña_admitidos CTPA_Coruña_excluidos

CXPA_Coruña_admitidos CXPA_Coruña_excluidos

Sigue leyendo

NOVA BOLSA DE INTERINOS de GALICIA: PUBLICACIÓN O 2 DE XUÑO‼️

interinos

📢🔊 ÚLTIMA HORA NOVA BOLSA DE INTERINOS: PUBLICACIÓN O 2 DE XUÑO‼️📢

Comunícase que a publicación da Resolución pola que se aproba a listaxe definitiva de admitidos e excluídos da bolsa de traballo de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial prevese para o 02.06.2020

A mencionada publicación terá lugar na intranet e na web da Consellería.

Unha vez en vigor as novas listaxes de persoal interino, as listaxes anteriores quedarán anuladas, sen que isto supoña ningún dereito para os integrantes destas.

Os interinos que estaban en suspensión temporal nas anteriores bolsas, deberán solicitar novamente a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16 da Orde do 4 de outubro de 2018 sobre selección e nomeamento de persoal interino para cubrir postos de persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Xunto coa resolución publicarase tamén a nota informativa seguinte:

NOTA INFORMATIVA NOVA BOLSA DE INTERINOS

LISTAXES DEFINITIVAS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS PARA CADA CORPO E PROVINCIA ORDEADAS POR PUNTUACIÓN

balanza SPJ-USO

LISTAXES DEFINITIVAS DA NOVA BOLSA DE INTERINOS PARA CADA CORPO E PROVINCIA ORDEADAS POR PUNTUACIÓN

Prevese a publicación das listaxes definitivas na web da Consellería mais na intranet de Xustiza antes de mediados de marzo.

As listaxes definitivamente aprobadas entrarán en vigor ó día seguinte da súa publicación e substituirán ás listas vixentes, que quedarán anuladas nesa mesma data.

O persoal interino que no momento da entrada en vigor estea prestando servizos seguirá desempeñando o posta ata que proceda o seu cesamento. Se o persoal que cesa forma parte dunha nova bolsa, pasará a ocupar o posto que lle corresponda nesta, de acordo coa puntuación obtida na baremación de méritos, independentemente do tempo traballado nos últimos destinos.

Lembramos que a composición das novas bolsas será a seguinte:

interinos

NOTA INFORMATIVA SOBRE BOLSA DE FUNCIONARIOS INTERINOS

26416-interinos-justicia

Recordámosvos que o día 11 de febreiro finaliza o prazo para presentar as solicitudes de elección da bolsa de interinos.

É moi importante ter en conta que non basta con gravar os datos na aplicación. Co simple gravado de datos xérase unicamente un borrador, que hai que validar e presentar, sexa electronicamente, con certificado dixital ou DNI electrónico, ou manualmente, en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

A consecuencia de non presentar a elección da bolsa en prazo, segundo o artigo 10.2 da Resolución do 18 de marzo de 2019, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia é a desistencia dos aspirantes de todas as súas solicitudes.