Archivos de la categoría INTERINOS

NOVA BOLSA DE INTERINOS DE XUSTIZA EN GALICIA. As listaxes resultantes publicaranse na semana do 27 de xaneiro.

interinos

A DXX ven de comunicarnos textualmente o seguinte:

Comunícase que, na semana do 27 de xaneiro,  está prevista a publicación das listas resultantes  ás que fai referencia o punto 2 do artigo 10 da Resolución do 18 de marzo, da Dirección Xeral de xustiza, pola que se convocan bolsas de traballo de persoal interino dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

Cada persoa solicitante só poderá formar parte dunha única bolsa, corpo e provincia, polo que no caso de que estea incluída en bolsas de distintos corpos, ou en varias provincias da mesma bolsa, deberá seleccionar aquela única na cal desexe quedar. Se non o fai, entederase que desiste de todas as súas solicitudes.

elección deberá facerse TELEMATICAMENTE, no prazo de dez días hábiles a partir da publicación das mencionadas listas, cubrindo  NECESARIAMENTE o formulario electrónico na aplicación informática.

É importante recordar que ao elixir a bolsa correspondente xérase un borrador que é necesario presentar, ben electrónicamente, con DNI electrónico ou certificado dixital, ou ben manualmente en calquera dos lugares do artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

Todos os solicitantes de bolsa dispoñen dun manual na pantalla de «solicitude de bolsa», no apartado «Instrucións».

Nas páxinas 27-29 do manual (33-35 no manual en castelán), explícase como realizar a elección de bolsa.

Sigue leyendo

CHAMAMENTOS DE INTERINOS – PONTEVEDRA – MÉRCORES 8-1-2020

INTERINOS

CHAMAMENTOS DE INTERINOS EN PONTEVEDRA DO MÉRCORES 8-1-2020.

A administración comunícanos que este mércores  8 de xaneiro de 2020 a Dirección Xeral de Xustiza autorizou as prazas  relacionadas a continuación:

📌 Do corpo de XESTIÓN:

✔ AUD. PROV. SECCIÓN 3ª PONTEVEDRA (I.T. do/a titular)

✔ XDO. PENAL NÚMERO 1 PONTEVEDRA (I.T.  do/a titular)

📌 Do corpo de TRAMITACIÓN:

✔ XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 2 A ESTRADA – IT do/a titular

✔ XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 2 CANGAS – IT do/a titular

✔ XDO. PRIM. INST. E INSTRUCCIÓN N. 3 O PORRIÑO –  IT do/a titular

✔ XDO. PRIMEIRA INSTANCIA N. 4 PONTEVEDRA – Substitución do/a  titular

📌 Do corpo de AUXILIO XUDICIAL:

✔ XDO. PRIM. INSTANCIA NÚMERO 13 VIGO  (I.T.  do/a titular)

Non é posible a publicación a través do OPAX das prazas ofertadas por non existir a ratio de duas persoas por praza, polo que se  procede á publicación en curso.

Tal e como se recolle no punto 3 do artigo 20 da ORDE do  4 de outubro de 2018  sobre selección e nomeamento de interinos para cubrir postos de funcionarios dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, o luns día 13 de xaneiro de  2020 comunicarémoslle a relación de prazas aceptadas e as persoas seleccionadas.

SPJ-USO: Manterémosvos informados!!!

BOLSA DE INTERINOS DE ANDALUCÍA: 10 CUESTIONES CLAVE SOBRE LA BOLSA DE INTERINOS DE JUSTICIA DE ANDALUCÍA

26416-interinos-justicia

Recientemente os informábamos de la convocatoria de la bolsa de interinos en Andalucía: SPJ-USO ANDALUCÍA. CONVOCATORIA BOLSA DE INTERINOS DE JUSTICIA ANDALUCÍA.

Os recordemos, como primer punto importante, que el plazo para echar la instancia es de 20 días hábiles a partir del 7 de enero de 2020.

Ahora os respondemos a diez cuestiones clave sobre la misma: Las diez preguntas principales que nos estáis realizando…

Sigue leyendo

BOLSA INTERINOS JUSTICIA ANDALUCÍA

CONVOCATORIA BOLSA DE INTERINOS DE JUSTICIA ANDALUCÍA.

 

 

En el BOJA de hoy se ha publicado Resolución de 29 de noviembre de 2019, de la Dirección General de Oficina Judicial y Fiscal, por la que se efectúa la convocatoria de las bolsas de personal funcionario interino de los Cuerpos de Gestión Procesal y Administrativa, de Tramitación Procesal y Administrativa, de Auxilio Judicial y la del Cuerpo de Médicos Forenses al servicio de la Administración de Justicia en Andalucía.

La solicitud de inclusión en las bolsas de trabajo, que será única para cada cuerpo conforme al modelo establecido en el Anexo I a la convocatoria, se podrá presentar en un plazo de veinte días hábiles a partir del 7 de enero de 2020.

Publicaremos una información más completa de la convocatoria en cuanto la tengamos preparado. Sin perjuicio de ello, os ponemos los enlaces a la convocatoria publicada en el BOJA:

ULTIMA HORA INTERINOS

 

📡 IMPORTANTE INTERINOS!!! 📡

A DXX ven de comunicarnos, respecto da Bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza en Galicia, convocada pola Resolución do 18 de marzo de 2019 da Dirección Xeral de Xustiza (DOG núm. 59):

«Para o voso coñecemento, damos traslado da incidencia detectada por unha comprobación posterior á reunión Comisión Paritaria que tivo lugar o pasado día 25/11/2019 nas listaxes provisionais de admitidos e excluídos da bolsa de interinos do persoal ao servizo da Administración de Xustiza e que afecta exclusivamente á valoración dos exercicios aprobados das últimas convocatorias de Xestión e Tramitación procesual (ORD/ JUS/1165/2017 e  ORD/ JUS/1166/2017).

Nas ditas convocatorias, a diferenza doutras anteriores, divídese o primeiro exercicio en dous exames: un de tipo test e outro de tipo práctico, debendo os aspirantes superar ambos para poder ter o primeiro exercicio como apto, e pasar así ao segundo.

Esta diferenza con respecto ás anteriores convocatorias provocou un erro na lectura dos datos efectuada pola aplicación informática, de forma que os datos destas oposicións cargados na  OPAX, e que os solicitantes podían ver e validar no seu caso ao cubrir a solicitude,  nalgún caso resultaron incorrectos.

A esta  circunstancia engádese que os certificados de notas do Ministerio non fan distinción entre exame e exercicio, de forma que algúns solicitantes achegaron certificados de aprobar o primeiro ou o segundo exercicio cando en realidade, só tiñan aprobado un exame do primeiro exercicio, pero non o exercicio completo.

Debido a estas circunstancias, é necesario corrixir a baremación de 20 persoas, de maneira que 8 delas pasarían a estar excluídas por non cumprir o requisito específico do artigo 3.1 b) da convocatoria mentres que 12 obterían unha puntuación menor.

A Dirección Xeral notificará individualmente e por escrito aos solicitantes afectados a súa nova situación, concedendo un prazo para alegacións de 10 días hábiles.»

SPJ-USO: Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!!