EGAP: CURSOS DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS DE NIVEL BÁSICO

Hoxe se publica no DOG a RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2024 pola que se convocan os cursos de Prevención de Riscos Laborais de NIVEL BÁSICO para persoal empregado público, traballador por conta allea ou autónomo, empresario e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: do 15 ao 25 de marzo de 2024

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

CRITERIOS DE SELECCIÓN: por orde de inscrición ata esgotar o total de prazas, tendo prioridade aquelas persoas que posúan a condición de delegado/a de prevención, traballador/a designado/a e/ou empresario/a que asuma as funcións de prevención de riscos laborais na súa empresa (deberán achegar a documentación que o acredite ao enderezo <issga.cursoprl@xunta.gal> dentro do prazo de presentación de solicitudes) e reservarase o 50 % das prazas do curso ao persoal empregado público.

DESENVOLVEMENTO:

Nome do curso: Prevención de riscos laborais. Nivel básico. Issga.

Modalidade: Teleformación.

Duración: 60 horas edición.

Edicións: Tres.

Datas: do 16 de abril ao 14 de xuño de 2024.

Proba final: o día 14 de xuño ás 10.00 horas.

A proba final do curso realizarase de xeito telemático a través da aula virtual.

Prazas: 100 por edición.

Enlace á Publicación no DOG

Los comentarios están cerrados.