
RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2024 pola que se convocan as actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero para o persoal da Administración de xustiza de Galicia .
O Plan formativo en materia de igualdade para o ano 2024 continúa cunha oferta formativa conxunta para que todos os colectivos poidan acceder á formación con independencia da Administración a que pertenzan.
🔴 O prazo de presentación de solicitudes será DEZ DÍAS NATURAIS a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
🔴 As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
🔴 O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.
🔴 Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais ou telepresenciais das actividades. Cando a/o alumna/o teña coñecemento de que foi seleccionada/o para un curso que teña a dita coincidencia horaria con outro en que xa foi seleccionada/o debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade que unha persoa realizou simultaneamente varias actividades, non se lle expedirá certificación de ningunha delas, e pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.
Amplía información, accede ao doga: ⤵️⤵️


















