Archivos de la categoría DOG

EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE FÓRA DE GALICIA, ANO 2025‼️

EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PARA O PERSONAL AO SERVIZO DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA DE FÓRA DE GALICIA, ANO 2025‼️

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2025 pola que se convocan cursos de linguaxe xurídica galega para persoal ao servizo da Administración de xustiza que preste servizos fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Obxecto: Impulsar a normalización lingüística na Administración de xustiza,

Número de prazas: O número de prazas de cada curso será de 25.

Modalidade: Teleformación

Horas: 75

Datas de realización dos cursos: 01/09/2025 ao 02/11/2025.
Data do exame final: 08/11/2025.

Solicitudes:  ata o 21 de maio de 2025 https://egap.xunta.gal/matricula

Cursos: Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:⤵️⤵️

Accede á Resolución publicada no DOG: RESOLUCIÓN CONVOCATORIA CURSOS LINGUAXE XURÍDICA GALEGA PERSOAL ADMINISTRACIÓN XUSTIZA FÓRA DE GALICIA

DESEÑO E ESTRUCTURA DA OFICINA XUDIAL, RPTS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, DAS OFICINAS DE XUSTIZA NOS MUNICIPIOS EN GALICIA E DAS OFICINAS DO REXISTRO CIVIL

Hoxe 7 de maio publícase no DOG  resolución do 23 de abril de 2025 do deseño e a estructura da oficina xudicial para os tribunais de instancia e os tribunaris colexiados, e  a relación de postos de traballo das oficinas de xustiza (fase 1), das oficinas de xustiza nos municipios, así como a relación de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil fase I.

ACCEDE Ó DOG:

🔴 Apróbanse as relacións de postos de traballo das oficinas de xustiza da primeira fase que figuran no anexo da resolución.

📣 Entrada en funcionamento: As oficinas de xustiza relacionadas no anexo entrarán en funcionamento o 📆 1 de xullo de 2025.

🔴 Entrada en funcionamento: As oficinas xerais do Rexistro Civil entrarán en funcionamento o 📆 1 de xullo de 2025. 

📣 Apróbanse as relacións de postos de traballo das oficinas xerais do Rexistro Civil dos partidos xudiciais correspondentes á fase I que figuran no anexo da resolución.

🔴 Entrada en funcionamento: As oficinas de xustiza nos municipios de Galicia entrarán en funcionamento o 📆 1 de xullo de 2025 en todos os partidos xudiciais, agás nos partidos xudiciais da Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, en que entrarán en funcionamento o 31 de decembro de 2025

📣 No ANEXO da resolución relacionase a Relacións de postos de traballo das oficinas de xustiza nos municipios de Galicia

DOG- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

DOG 7/2/2025- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

ℹ️➡️RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4, presenciais e en liña (ver anexo I e II).

🔴 INSCRICIÓN: As persoas interesadas en inscribirse nos cursos presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras accederen á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición

🔴 O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

▪️ Amplía información e accede ó DOGA: ⤵️⤵️
🔗 https://www.xunta.gal/dog/convoc-prepar-celga-.html

DOGA – Instrucións sobre a confección de nóminas para o ano 2025 – RETRIBUCIÓNS XUSTIZA GALEGA.

ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica para o ano 2025.

Acccede á ORDE do 17 de xaneiro de 2025 pola que se ditan as instrucións sobre a confección de nóminas.

No Anexo XIX e XIXbis recóllense as retribucións do persoal funcionario dos corpos ao servizo da Administración de xustiza.

Cuarta. Contía das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia 

1. Conforme o disposto no artigo 25 da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, o persoal funcionario dos corpos ao servizo da administración de xustiza que desempeñe as súas funcións no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia percibirá as retribucións que se determinen na Lei de orzamentos xerais do Estado, así como na demais normativa que lle sexa aplicable.
2. No anexo XIX desta orde recóllense as contías das retribucións e dos complementos recoñecidos para o persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
3. O persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que teña recoñecido o complemento adicional da traxectoria profesional previsto nos acordos do Consello da Xunta do 25 de xuño de 2020, do 3 de novembro de 2022 e do 8 de febreiro de 2024, percibirá os importes previstos no anexo XIX bis, en doce pagas de percepción mensual.

O pagamento do complemento recoñecido en virtude do Acordo do 8 de febreiro do 2024, producirase de maneira progresiva en tres anualidades; para o ano 2025, o pagamentoo producirase aplicando unha porcentaxe do 66 %.
4. Os importes das retribucións do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza que non figuren incluídos no anexo XIX, pero que estean recoñecidos expresamente na normativa aplicable, coincidirán coas vixentes en 31 de decembro do 2024.

Amplía información no Doga:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250121/AnuncioG0597-170125-0001_gl.html

PUBLICACIÓN NO DOG DA MODIFICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS DAS COMISIÓNS DE SERVIZO E AS SUBSTITUCIÓNS

Tal e como xa adiantamos dende este sindicato, no DOG de hoxe vense de publicar a RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifican a Resolución do 21 de marzo de 2022 pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia e a Resolución do 18 de maio de 2022 pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lembramos aquí o resumo dos principais cambios :

  • Sólo se poderán convocar para a súa cobertura mediante Comisións de Servizos as prazas que se encontren vacantes “puras”, polo que non se poderá considerar como vacante ningún posto que teña un titular para quén se reserve a praza.
  • En consecuencia do punto anterior, elimínase das prazas que se poderán convocar a Comisión de servizo as “Excedencias voluntarias por coidado de fillos ou familiares” así como as “liberacións sindicais” (que se ofertarán a SUBSTITUCIÓN).
  • Seguiránse convocando para a súa provisión en Comisión de Servizo as prazas que se encontren nas situacións seguintes: a) Perda da condición de funcionario/a b) Praza cuxo titular estea en servizos especiais c) Excedencia voluntaria por interese particular d) Excedencia voluntaria por agrupación familiar e) Excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público f) Praza de nova creación g) Prazas que quedasen vacantes ou desertas no concurso de traslados
  • Respecto das PRAZAS QUE NON SE CUBREN TRAS OFERTARSE EN COMISIÓN DE SERVIZOS:
    • Xa non se poderán ofertar en SUBSTITUCIÓN (como se facía ata agora) e SERÁN CUBERTAS DIRECTAMENTE POR PERSOAL INTERINO. Ata agora neses supostos as prazas ofertábanse en SUBSTITUCIÓN, e as prazas que quedaban  desocupadas como consecuencia das Substitucións cubríanse por persoal interino, habendo posibilidades para todos, TITULARES E INTERINOS.
    • SI SE OFERTARÁN A SUBSTITUCIÓN AS PRAZAS DESOCUPADAS COMO CONSECUENCIA DE QUE O SEU TITULAR SE VAIA EN COMISIÓN DE SERVIZOS.
  • Polo tanto, ofertaranse a SUBSTITUCIÓN, ADEMAIS DAS ANTERIORES, as prazas cuxo titular estéa en LICENCIAS (incluída licencia por enfermidade) e PERMISOS DE LONGA DURACIÓN, as LIBERACIÓNS SINDICAIS e as EXCEDENCIAS POR COIDADOS DE FILLOS OU FAMILIARES.

  • E ofertaránse directamente a PERSOAL INTERINO as PRAZAS NON OCUPADAS TRAS SER OFERTADAS A COMISIÓN DE SERVIZOS.

Aquí vos deixamos o contido íntegro da resolución publicada hoxe no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241016/AnuncioG0759-111024-0001_gl.pdf