Archivos de la categoría DOG

ORZAMENTOS XERAIS GALICIA 2020

Resultado de imagen de orzamentosNo DOG de hoxe publicase a LEI 6/2019, do 23 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

O Parlamento de Galicia aproba os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2020, nos que se integran:

a) Os orzamentos da Administración xeral, na cal se incorporan os órganos estatutarios e consultivos.

b) Os orzamentos dos organismos autónomos.

c) Os orzamentos das entidades públicas instrumentais de asesoramento ou consulta, que consonte a disposición adicional sexta da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico, terán a consideración de organismos autónomos para os efectos orzamentarios.

d) Os orzamentos das axencias públicas autonómicas.

e) Os orzamentos de explotación e capital das entidades públicas empresariais a que fai referencia o artigo 89 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

f) Os orzamentos de explotación e capital dos consorcios autonómicos a que fai referencia o artigo 95 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

g) Os orzamentos de explotación e capital das sociedades mercantís públicas autonómicas a que fai referencia o artigo 102 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

h) Os orzamentos de explotación e capital das fundacións do sector público autonómico a que fai referencia o artigo 113 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

i) En todo caso, os orzamentos das demais entidades que estean clasificadas como administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo coas normas do Sistema europeo de contas, agás as universidades públicas.

VER PUBLICACIÓN DOG

Escola Galega de Administración Pública

 

EGAP

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2019 pola que se convoca o curso monográfico Os sistemas de integridade institucional nas administracións públicas.

 

 

 

Descripción do curso:

Curso monográfico  dirixido ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, dos entes instrumentais da Comunidade Autónoma de Galicia e das universidades do Sistema universitario de Galicia, xuristas, profesionais e persoas interesadas en xeral.

Obxectivos.

O principal obxectivo deste curso monográfico é dar a coñecer os aspectos xerais dos sistemas de integridade no sector público (conceptos de integridade e corrupción, políticas de integridade, modelos de prevención da corrupción e sistemas de xestión de cumprimento) xunto con aspectos máis técnicos vinculados á xestión de riscos nas administracións públicas.

Desenvolvemento.

Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

Datas: luns e martes, 2 e 3 de decembro de 2019.

Horario: día 2, das 11.00 ás 13.00 horas e das 17.00 ás 20.00 horas; día 3, das 9.00 ás 13.00 horas.

Duración: 9 horas lectivas.

Número de prazas: limitado pola capacidade do local.

Inscripción.

1. A inscrición nesta actividade formativa só poderá realizarse vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

2. O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.55 horas do día 27 de novembro de 2019.

 

EGAP. FORMACIÓN CONTINUA EN MATERIA DE IGUALDADE E VIOLENCIA DE XÉNERO.

Resultado de imagen de EGAP

No día de hoxe publícase no DOG a conconvocatoria de actividades de formación continua en materia de igualdade e violencia de xénero, destinada ao persoal ao servizo da Administración Autónoma, Administracións de Xustiza etc.

SOLICITUDES:

– O prazo de presentación de solicitudes será de 8 días a partir da publicación desta resolución

– Só poderán realizarse mediante  formulario de matrícula telemática. 

– O número máximo de cursos que se poderán solicitar son 3.

A continuación adxuntamos o enlace publicado no DOG.

Descargar PDF

O DOG anuncia o expurgo de preto de 360.000 expedientes procedentes dos xulgados das catro provincias galegas

A proposta inclúe arquivos de 15 partidos xudiciais da comunidade galega e destruiranse documentos que datan desde 1968 co obxectivo de desconxestionar as instalacións xudiciais, organizar a documentación e mellorar a xestión diaria

Os interesados nos procesos obxecto de expurgo teñen dous meses de prazo para recuperar os documentos que presentaron no seu día

Consonte ao previsto no Real decreto de modernización dos arquivos xudiciais, procedese á publicación da resolución adoptada pola Xunta de Expurgación na súa última sesión plenaria, a finais de xuño, na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

A publicación no DOG é un paso previo á destrución destes documentos, un material que axudará a liberar espazo en moitos arquivos xudiciais de Galicia.

No anuncio enuméranse as series documentais que serán eliminadas e advírtese aos interesados nestas actuacións xudiciais de que dispoñen de un prazo de dous meses para recuperar aqueles documentos que presentaran no seu día no proceso.

Así mesmo, tamén se explica que quen pretenda recuperar documentos ou obter testemuño ou certificación dos procedementos deberán formular a súa solicitude por escrito ante a secretaría da Xunta de expurgación nese mesmo prazo.

29 órganos de 15 partidos xudiciais galegos

O proceso de expurgo afecta nesta ocasión a 29 órganos de 15 partidos xudiciais, a 4 xulgados da Coruña, 18 de Pontevedra, 5 de Lugo e 2 de Ourense. A maioría dos documentos son das décadas dos 80 e 90, aínda que tamén se destruirán series documentais dos anos 70 que se conservan en xulgados de Instrución de Vigo e A Coruña e no de distrito número 2 de Pontevedra. Ademais, no xulgado de Primeira Instancia de Sarria expurgaranse expedientes que datan de 1968.

O grupo máis numeroso está formado por dilixencias previas, que conta con case 270.000 expedientes. A maioría destes documentos proveñen de xuízos de faltas e recursos de apelación a estes casos de distintos xulgados das provincias de Pontevedra e Coruña; do xulgado de vixilancia penitenciaria da Coruña; e de dilixencias previas de distintos xulgados de Galicia.

Dáse así continuidade a outras actuacións que se viñeron desenvolvendo estes anos para avanzar no expurgo xudicial, un procedemento regulado xuridicamente a través do cal se determina cando un documento perde toda a súa utilidade e pode ser destruído ou, pola contra, debe ser conservado.

O Goberno autonómico comezou, hai seis anos, un plan de expurgo na administración de xustiza co obxectivo de gañar espazo e dispoñer de arquivos máis ordenados, útiles e eficaces. Desde a posta en marcha deste plan, téñense trasladado ou eliminado máis dun millón de expedientes dos xulgados galegos. O obxectivo é desconxestionar as distintas instalacións xudiciais, organizar a documentación de forma que quede mellor clasificada e ordenada e redundar nunha mellora na xestión diaria.

O proceso lévase a cabo contando co persoal técnico de arquivos e a través da Xunta de Expurgo, que está composta por representantes do Poder Xudicial, Ministerio Fiscal e Xunta de Galicia, e é o órgano que determina os criterios de cara á conservación dos documentos que puideran ter valor cultural, histórico, xurídico ou administrativo.

En Galicia existen 50 arquivos xudiciais, os do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as catro Audiencias e os 45 partidos xudiciais; algúns deles con expedientes que datan do seus inicios a comezos do século pasado. Actualmente, nos xulgados galegos xa foron eliminados máis dun millón expedientes.

Ademais deste proceso de expurgo estanse a realizar outras tarefas que tamén teñen como finalidade organizar e liberar espazo nos arquivos dos xulgados, así como permitir a recuperación de documentación histórica. Así, por exemplo, ata o momento retiráronse máis de 100 toneladas de pezas de convicción. Tamén se reorganizou a documentación en caixas, o que permitiu gañar espazo para varios anos.

Trabállase por outra banda na identificación de documentos anteriores a 1946 ou de interese histórico para o seu traslado aos correspondentes arquivos e habilitáronse espazos fóra dos edificios xudiciais para o traslado de expedientes.

ADXUNTAMOS O ENLACE O DOG

 

Descargar PDF

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER OS NIVEIS CELGA 2 E 4

Resultado de imagen de cursos celgaNo día de hoxe publícase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se convocan probas para obter os certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena do mes de novembro de 2019.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I desta resolución, e aboar a taxa que se indica na convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de 15 días hábiles, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019 (código de procedemento administrativo PL500C).

Descargar PDF