Archivos de la categoría DOG

CONVOCADO CURSO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA 2020

Publicado no DOGA de hoxe venres 17 de Xullo Resolución do 1 de xullo de 2020 pola que se convoca o Curso superior de Administración electrónica 2020.

O curso convocado, non é do itinerario formativo específico de Xustiza, mais establece expresamente que «No caso de non cubrirse a totalidade das prazas convocadas, as vacantes que resulten poderán cubrirse por persoal empregado público das ditas categorías, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.»

O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 8.00 horas do día de mañá sábado 18 de xullo, ata as 23.55 horas do día 31 de xullo de 2020.

Amplía información e Accede ó doga premendo no seguinte enlace:

Curso Superior de Administración Electrónica 2020

DOG: Publicada a modificación da RPT das oficinas fiscais en Galicia.

DOGRESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se modifica a RPT (relación de postos de traballo) das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Aprobouse a modificación da relación de postos de traballo das oficinas fiscais da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia que figura no anexo da resolución.

Preme e accede á NOVA RPT das OFICINAS FISCAIS 2020

DEREITOS ELECTORAIS DO PERSOAL AO SERVIZO DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA NAS ELECCIÓNS CONVOCADAS PARA O 12 DE XULLO DE 2020

doga

No día de hoxe, publícase a Orde de 8 de xuño do 2020 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas, para o día 12 de xullo de 2020 polo Decreto 72/2020, do 18 de maio, de convocatoria de eleccións ao Parlamento de Galicia.

Na dita Orde adóptanse  as medidas oportunas para facilitar o exercicio dos dereitos e deberes do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Accede ao DOG

Dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións

Resultado de imagen de dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas elecciónsORDE do 24 de febreiro de 2020 pola que se regula o exercicio dos dereitos electorais do persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia nas eleccións convocadas para o día 5 de abril de 2020 polo Decreto 12/2020, do 10 de febreiro, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións.

 O persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que o día das eleccións non desfrute do seu descanso semanal terá dereito a un permiso retribuído de ata catro horas libres para exercer o seu dereito ao voto, sempre que a súa quenda de traballo, o día 5 de abril de 2020, coincida, polo menos en catro horas, co tempo en que permanecerán abertas as mesas electorais. Cando o traballo se preste en xornada reducida, efectuarase a correspondente redución proporcional do permiso.

O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que teña previsto que na data da votación non se atopará na localidade onde lle corresponde exercer o seu dereito ao voto, ou que non poida exercer o dereito de sufraxio o día das eleccións, disporá, no seu horario laboral, de ata catro horas libres para que poida formular persoalmente a solicitude de certificación acreditativa da súa inscrición no censo, que se recolle no artigo 72 da Lei orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do réxime electoral xeral, así como para a remisión do voto por correo. Sigue leyendo

REGULACIÓN PRAZOS POR INCIDENCIAS TÉCNICAS NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA

Resultado de imagen de AMPLIACIÓN DE PLAZOS

NA INTRANET E NO DOG PUBLÍCASE HOXE:

Decreto 25/2020, do 13 de febreiro, polo que se regula a ampliación dos prazos de presentación de solicitudes, recursos administrativos, escritos, comunicacións e documentos no caso de determinadas incidencias técnicas que imposibiliten o funcionamento ordinario da sede electrónica da Xunta de Galicia.

VER PUBLICACIÓN DOG