Archivos de la categoría CURSOS FORMACIÓN

📢🔊 FORMACIÓN 📚- NOVOS CURSOS SPJ-USO – INSCRIPCIÓN ATA O 🗓️ 08-04-2026

📢🔊 FORMACIÓN 📚- NOVOS CURSOS SPJ-USO – INSCRIPCIÓN ATA O 🗓️ 08-04-2026

🔴 Cursos homologados por INAP nacional, válidos para OPOSICIÓNS, CONCURSOS, BOLSAS DE INTERINOS, etc…

🔴 A Inscripción é ata o 8 DE ABRIL DE 2026

🔳 Os cursos realizaranse do 15 DE ABRIL Ó 31 DE MAYO DE 2026.

⭕ CURSOS DE 60 HORAS:

  • Archivo y documentación como herramienta para la negociación colectiva y el diálogo social.
  • Igualdad en el acceso al empleo público.
  • La ética administrativa. Los deberes y responsabilidades de los empleados públicos ante los ciudadanos.

Sigue leyendo

CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, NIVEL BÁSICO – TELEFORMACIÓN

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais, nivel básico, para persoal empregado público con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 ao 30 de marzo de 2026 mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible na web da EGAP desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización.

ACCEDE A RESOLUCIÓN DO DOG: 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260317/AnuncioO150-060326-0003_gl.html

Aberto o prazo de inscripción nas probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedi

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis de iniciación e intermedio, correspondentes ao primeiro semestre do ano 2026.

🔴 Datas e realización das probas:
Intermedio – abril – 28, 29 e 30 – 10.00 h, 12.00 h, 16.30 h

📣 Prazo de inscrición: Do 🗓️ 16 ao 25 de marzo.

🔴 As probas realizaranse de maneira presencial nas aulas da Rede CeMIT.

🔴 O acceso ós contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal

⚫ Solicitudes de participación e prazo de inscrición:
Con carácter previo á inscrición (na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal) é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

🔴 O prazo de inscrición correspondente a cada convocatoria terá unha duración de dez (10) días naturais contados desde a data de inicio do prazo.

▪️ Amplía información: ⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260116/AnuncioG0177-080126-0001_gl.html

CONVOCADOS CURSOS SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC), ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

CONVOCADOS CURSOS SOBRE TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TIC), ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA E PROTECCIÓN DE DATOS

No DOG de hoxe 5 de marzo do 2026, publicouse a RESOLUCIÓN do 18 de febreriro de 2026, pola que se convocan cursos sobre tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), administración electrónica e protección de datos para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, así como para o persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 13 de marzo de 2026.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática, dispoñible no enderezo https://egap.xunta.gal/matricula, desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de cursos que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a tres.

Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para realizar o proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listas de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral), de acordo cos criterios de selección, deben cubrir na súa área de matrícula todos os campos marcando o recadro de verificación de que están nalgunha destas situacións específicas e remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 horas) e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Accede á resolución:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260305/AnuncioO150-250226-0001_es.pdf

COMDIX: PUBLICADA NO DOGA A RESOLUCIÓN POLA QUE SE CONVOCAN AS ACTIVIDADES FORMATIVAS DO MARCO GALEGO DE COMPETENCIAS DIXITAIS (COMDIX)

No DOG de hoxe, 24 de febreiro de 2026, publicouse a RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2026 pola que se convocan actividades formativas do Marco galego de competencias dixitais Comdix para o persoal ao servizo da Administración autonómica da Comunidade Autónoma, das entidades públicas instrumentais, da Administración institucional de Galicia, da Administración de xustiza de Galicia, das entidades locais galegas e o persoal técnico, de xestión e de administración e servizos (en diante, PTXAS) das universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 4 de marzo de 2026.

Sigue leyendo