Archivos de la categoría CURSOS DE GALEGO

CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA, PREPARATORIOS DAS PROBAS CELGA 2, CELGA 3 e CELGA 4.

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

A Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, de acordo co que establecen a Constitución española e o Estatuto de autonomía de Galicia, dispón que o galego é lingua oficial en Galicia. En consonancia con isto, recoñécelle á cidadanía o dereito de coñecelo e de usalo, pero non estaría garantido ese dereito se a cidadanía non tivese a posibilidade de mellorar o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.

Persoas destinatarias:

 Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca periodicamente para certificar a competencia nesta lingua.

Solicitudes :

1. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na Secretaría Xeral de Política Lingüística unha vez que se complete correctamente o proceso de inscrición.

 Prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

ACCEDE A RESOLUCIÓN DO DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230210/AnuncioG0655-010223-0001_gl.html

EGAP – CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA E XURÍDICA GALEGA 2023 PARA PERSOAL DESTINADO EN GALICIA

CONVOCADOS CURSOS DE LINGUAXE XURÍDICA E ADMINISTRATIVA GALEGA PARA PERSOAL DESTINADO EN GALICIA  2023

O número de prazas por curso será de 25.

Os cursos impartiranse segundo se indica a continuación:

Administración de xustiza e outros colectivos relacionados coa xustiza de Galicia:

FX23001 Curso medio de linguaxe xurídica galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

4.9.2023 ao 5.11.2023

11 de novembro

Teleformación

75

4.9.2023 ao 5.11.2023

11 de novembro

FX23003 Curso superior de linguaxe xurídica galega

Modalidade

Horas

Datas lectivas

Exame final

Teleformación

75

4.9.2023 ao 5.11.2023

11 de novembro

Solicitudes:  O persoal que desexe participar nos cursos convocados nesta resolución deberá cubrir o formulario de matrícula telemática na páxina web da EGAP:  https://egap.xunta.gal/matricula

Cada persoa só poderá solicitar unha edición dos cursos convocados.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 7 de febreiro de 2023. (desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes ata as 14.00 horas da data de finalización.)

Amplía información e accede ó DOGA:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230125/AnuncioO150-190123-0001_gl.html

Probas Celga 2, 3 e 4. Resultados provisionais

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 2022, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2022 (código de procedemento PL500C).

Sigue leyendo

CURSOS DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA E PREPARATORIOS PARA O CELGA, ABERTO O PRAZO DO SEGUNDO CUADRIMESTRE.

Recordámosvos que dende o DÍA 3 ATA O 13 DE XANEIRO ábrese o prazo para a presentación das solicitudes nos Cursos de Linguaxe Administrativa Galega niveis medio e superior e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega Celga, nas escolas oficiais de idiomas de Galicia.

As persoas que desexen participar nos cursos convocados nesta resolución deberán Cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo:

Podedes consultar os cursos e as Escolas de Idiomas que os imparten no seguinte enlace:

Probas Celga 2, 3 e 4. Publicadas as Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas.

balanza spjAs persoas excluídas disporán dun prazo de 10 días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación da resolución na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

En todo caso, as persoas que presenten emendas enviaranlle un correo electrónico á Secretaría Xeral de Política Lingüística, á conta sxpl.probascelga@xunta.gal, no cal indicarán o día en que presentaron a emenda e o contido desta.

Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas

Celga 2: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2022

Remate do prazo de presentación de emendas: 21 de outubro de 2022

Celga 3: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2022

Remate do prazo de presentación de emendas: 21 de outubro de 2022

Celga 4: listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas probas de novembro de 2022

Remate do prazo de presentación de emendas: 21 de outubro de 2022