Archivos de la categoría CELGA

CELGA: CONVOCAN AS PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DA LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4, PARA O ANO 2026

CELGA: CONVOCAN AS PROBAS PARA OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DA LINGUA GALEGA NIVEIS CELGA 1, 2, 3 E 4, PARA O ANO 2026

No DOG de hoxe 13 de marzo de 2026, publicáse a RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

Presentación de solicitudes e prazo. As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente (código 304401). No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas a que solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Accede á Resolución:

Resolución 13-03-2026 pola quue se convocan probas Celga 1,2,3,e 4 para o ano 2026

DOG- Convocados cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4

Publicado no DOG de hoxe  a convocatoria dos cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se anuncia, con carácter voluntario e gratuíto, a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.

ACCEDE Á RESOLUCIÓN PUBLICADA NO DOG

🔴 INSCRICIÓN: As persoas interesadas en inscribirse nos cursos, presentarán a súa solicitude a través da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua, no enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal. Tras acceder á citada plataforma, deberán identificarse co nome da persoa usuaria e contrasinal. Se unha persoa non é usuaria da plataforma, deberá crear unha conta como paso previo á inscrición.

🔴 O prazo de presentación das solicitudes de inscrición será de 15 días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

 

DATA DE REALIZACIÓN DA PROBA EN LIÑA PARA A OBTENCIÓN DO CELGA 4 NO ANO 2025

No día de hoxe, vense de publicar no DOG a RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2025, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixa a data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4) no ano 2025, que foi convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025 (código de procedemento PL500G).

Na citada resolución resólvese expresamente:

Fixar como data de realización da proba en liña para a obtención do Certificado de lingua galega 4 (Celga 4), convocada mediante a Resolución do 8 de outubro de 2025, o 5 de decembro de 2025.

A hora de comezo da proba será ás 9.00 horas. Para realizar a parte escrita, disporase dun máximo de tres horas e, para a parte oral, duns trinta minutos.

Conforme o punto 11.1 da convocatoria, con antelación suficiente á data da proba, a Secretaría Xeral da Lingua comunicaralles ás persoas seleccionadas as instrucións que deberán seguir para a súa realización.

Accede ó texto íntegro da resolución no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251113/AnuncioG0766-101125-0001_gl.html

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS DAS PROBAS DOS CELGAS 1, 2, 3 e 4

 

📢🔊 NO DÍA DE HOXE PUBLICASE O LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUIDAS DAS PROBAS DOS CELGAS 1, 2, 3 e 4‼️

ℹ️➡️ Dende o día de hoxe 10/04/25 podedes comprobar si estades admitidos

☑️ Para comprobar se estades admitidos, accedemos ao enlace no seguinte enderezo:
https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0031/probas-celga-1-2-3-4
ℹ️ Tamen aparecen as datas das probas:

✔️CELGA 1: 31de Maio
✔️CELGA 2: 25 de maio
✔️CELGA 3: 24 de mayo
✔️CELGA 4: 10 e 11 de maio (en duas quendas)

📌 SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados!!!

CURSOS CELGAS 2,3 E 4 REALIZACIÓN DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS

 Publicada no DOG de hoxe a RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se fixan as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, que foron convocadas mediante a Resolución do 3 de setembro de 2024 .

Accede a dita Resolución no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241028/AnuncioG0766-211024-0003_gl.html