Autocapacitación. Dispoñible a actividade «Benvida ao órgano xudicial»

 

Están dispoñibles as actividades actualizadas de «Benvida ao órgano xudicial» na Plataforma de capacitación de Xustiza Dixital.

Cales son as novidades que incorporan?

Abríronse novamente con motivo de cambios de deseño e de contidos. Tamén se habilitou a opción de automatriculación, é dicir, podes solicitar a matriculación por Axudot, como ata o de agota, ou podes matricularte ti mesmo desde a Plataforma de Teleformación. 

A quen van dirixidas?

Ambas actividadesvan dirixidas ás persoas recentemente incorporadas ao órgano xudicial e que pertencen a un destes perfís:

  • Corpos e escalas de xestión e tramitación procesual e administrativa
  • Auxilios xudiciais.

Se desexas adquirir os coñecementos necesarios para desenvolverte no teu posto de traballo, é recomendable que realices a que se dirixe ao teu perfil profesional

 

Cales son os contidos?

Contidos da actividade «Benvida ao órgano xudicial para CXPA e CTPA»

  • FLUXO DO EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO
  • TEMA 1: MINERVA
  • TEMA 2: MINERVA. ESPECIALIDADES
  • TEMA 3: SINATURA ELECTRÓNICA
  • TEMA 4: VISOR-EXE
  • TEMA 5: LEXNET E PNX
  • TEMA 6: SISTEMAS DE AXUDA, UNIDADE COMPARTIDA E PROTECCIÓN DE DATOS

Contidos da actividade «Benvida ao órgano xudicial para CAX»

  • FLUXO DO EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO
  • TEMA 1: MINERVA
  • TEMA 2: XESTIÓN DE NOTIFICACIÓNS E EXHORTOS
  • TEMA 3: REALIZACIÓN DE GRAVACIÓNS E VIDEOCONFERENCIAS
  • TEMA 4: SISTEMAS DE AXUDA, UNIDADE COMPARTIDA E PROTECCIÓN DE DATOS
  • TEMA 5: VISUALIZACIÓN DO EXPEDIENTE

Como me matriculo?

Preme no botón da actividade que corresponda. Logo deberás iniciar sesión na plataforma co teu usuario corporativo da Xunta e o contrasinal. Por último premes sobre o botón «Matricularme».

 

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.