Ponse en marcha unha nova sesión de capacitación sobre “MINERVA | Actuacións da ORR para a xestión de exhortos”, dirixida ao Servizo Común Xeral, co obxectivo de reforzar o coñecemento das funcionalidades dispoñibles en Minerva para esta operativa.
Esta actividade permitirá revisar de maneira práctica a configuración técnica existente na aplicación para a xestión de exhortos, así como as opcións que contempla o sistema no ámbito do rexistro e repartición. A sesión ten un carácter informativo e operativo, orientado a facilitar unha aplicación homoxénea da funcionalidade dentro da organización.
Escolle a sesión que mellor se adapte á túa dispoñibilidade.
| Órganos | Data de capacitación | Quendas | Modalidade | Perfís destinatarios |
|---|---|---|---|---|
| Todos | 20/02/2026 | 13:00 h – 14:00 h | En liña | Servizo Común Xeral |
| Todos | 23/02/2026 | 12:00 h – 13:00 h | En liña | Servizo Común Xeral |
| Todos | 25/02/2026 | 12:00 h – 13:00 h | En liña | Servizo Común Xeral |
| Todos | 26/02/2026 | 13:00 h – 14:00 h | En liña | Servizo Común Xeral |
| Todos | 02/03/2026 |
10:00 h – 11:00 h 12:00 h – 13:00 h |
En liña | Servizo Común Xeral |
Instrucións para a matriculación na actividade e o acceso á sesión
- Fas clic no botón azul para ir á actividade da plataforma.
- Inicias sesión co teu usuario curto da Xunta e o contrasinal co que accedes ao resto das aplicacións corporativas.
- Se non estás matriculado/a na actividade debes facelo. Para iso, despois de premer no botón azul, premes en “Matricularme”.
- 4Accede ao apartado de “RESERVAS” para seleccionar a sesión dispoñible e reservar praza.
- O día e hora da sesión, accede á sección “Sesións telepresenciais” para conectarte en directo.


















