PUBLICADO NO DOG O ACORDO ECONÓMICO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E OS SINDICATOS SPJ-USO E OUTROS PARA A SUBA SALARIAL DE 🪙 225 € A TÓDOLOS CORPOS

IMPORTANTE!!!!

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 1 de decembro de 2025 polo que se aproba o Acordo acadado o 1 de abril entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CC.OO. para a mellora das condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia.

Accede ó DOG: ACORDO  ENTRE A XUNTA DE GALICIA E SPJ-USO E OUTROS SINDICATOS PARA A SUBA 225 EUROS – GALICIA

ℹ️➡️ INCREMENTO RETRIBUTIVO:

🔴Incremento retributivo de  225 EUROS NO COMPLEMENTO ESPECIFICO (90 € en 2026) PARA TÓDOLOS CORPOS (O incremento producirase en tres anualidades ( ano 2026/2027 e 2028)

☑️As porcentaxes a cobrar serán:

✔️40 % no ano 2026 – 90 euros
✔️70 % no ano 2027 – 67,5 euros
✔️100% no ano 2028 – 67,5 euros

📣📣 A suba correspondente a 2026 (90 €), segundo informa a Xunta de Galicia, será efectiva na nómina de 🗓️ Xaneiro.

ℹ️➡️  Implantación da Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do servizo público de Xustiza

As organización sindicais asinantes do acordo se comprometen ao apoio da implantación do novo modelo de oficina xudicial, das oficinas de xustiza nos municipios e das oficinas de Rexistro civil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e á negociación coa Administración das RPT correspondentes a cada unha das oficinas, conforme o artigo 522 da Lei orgánica do poder xudicial, co obxecto de que a implantación das novas oficinas se leve a cabo nos prazos fixados na Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, unha vez constituídos os tribunais de instancia.

ℹ️➡️ Garantía de non diminución nin incremento de efectivos.

A aprobación das relacións de postos de traballo derivadas da implantación da Lei 1/2025, do 2 de xaneiro, non suporá amortización do número total de prazas existentes na actualidade para cada un dos corpos do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, sen prexuízo de que se produza a amortización daquelas prazas derivadas de plans de amortización acordados con anterioridade.

🔴Contías dos postos singularizados:

  • ◼️*Xestión Procesual e Administrativa cantidades a maiores respecto dos postos xenéricos entre os 153,31€ e os 281,11€*
  • ◼️*Tramitación Procesual e Administrativa entre os 153,31 € e os 204,44 €, de conformidade coa valoración de postos que, se é o caso, corresponda.
  • ◼️Dado que non existen postos singularizados do corpo de auxilio, as contías que resulten da valoración de postos non poderán superar as establecidas para o corpo de tramitación procesual e administrativa.

🔴Proceso de reordenación.

A Xunta de Galicia garante que o proceso de reordenación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza de Galicia se desenvolverá primando a voluntariedade para acceder a novos postos, sen que poida producirse un cambio de localidade, salvo conformidade expresa do persoal afectado.

▪️Accede ao doga:👇👇
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251215/AnuncioG0759-051225-0002_gl.html

Comentarios cerrados.