Archivo diario: 13/09/2024

Minerva | Calendario de implantación da nova v.06.13.00 nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia

Estase a implantar a nova versión de Minerva v.06.13.00 nos órganos xudiciais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Podes consultar aquí o documento coas novidades que implementa esta nova versión. Tamén está dispoñible a folla de novidades cos esquemas de tramitación aquí.

As intervencións levaranse a cabo ás 15:30 h da tarde e terán unha duración aproximada de 3 horas e media. Nese tempo Minerva non estará dispoñible, pero si terás acceso ao resto de aplicacións, servizos e recursos compartidos (Visor EXE, intranet, unidade de rede compartida e persoal, etc.). Pregamos que ao finalizar a xornada deixes o PC do posto de traballo acendido, coa sesión de usuario e aplicación Minerva pechados.

Calendario de implantación:

DATA MUNICIPIO
11/09/2024 Ferrol
12/09/2024 Lalín
12/09/2024 Caldas de Reis
16/09/2024 Muros
16/09/2024 Arzúa
18/09/2024 Santiago – Xulgados e Sección Desprazada da AP
19/09/2024 Negreira
19/09/2024 Ordes
23/09/2024 Ortigueira
23/09/2024 A Estrada
25/09/2024 Pontevedra – Xulgados
26/09/2024 Cangas
26/09/2024 Padrón
30/09/2024 Vilagarcía
30/09/2024 Ponteareas
02/10/2024 Ribeira
03/10/2024 Pontevedra – Audiencia Provincial
03/10/2024 TSXG
07/10/2024 Carballo
07/10/2024 Marín
09/10/2024 Tui
10/10/2024 O Porriño
10/10/2024 Redondela
14/10/2024 A Coruña – Xulgados
14/10/2024 A Coruña – Audiencia Provincial
16/10/2024 Vigo – Xugados e seccións desprazadas da AP
17/10/2024 Betanzos
17/10/2024 Cambados

SEGUNDA CONVOCATORIA DAS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DE CERTIFICADOS DO CELGA 2,3 E 4 NO ANO 2024 (código PL500C)‼️

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2024, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2024 (código de procedemento PL500C).

Obxecto.

Realizar a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados acreditativos dos niveis de lingua galega Celga 2, 3 e 4, no ano 2024, con código de procedemento administrativo PL500C.

Datas de realización das probas.

As probas dos distintos niveis Celga terán lugar na segunda quincena de novembro de 2024, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida. As datas concretas serán debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral da Lingua (http://www.lingua.gal).

Localidades onde se van realizar as probas e niveis.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela e en Ponferrada.

Presentación de solicitudes 

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, que se publica como anexo I, e aboar a taxa correspondente. No formulario de solicitude deberán indicar a proba ou as probas ás cales solicitan presentarse, así como a localidade, e dirixilo á Secretaría Xeral da Lingua.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O prazo

Da presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Acede ao doga:⤵️ ⤵️⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240913/AnuncioG0766-040924-0001_gl.html