Archivo diario: 02/09/2024

LISTAXE PROVISIONAL DE ADXUDICACIÓN DO CORPO DE XESTIÓN QUENDA LIBRE ORD. JUS/1254/2022 EN GALICIA

A DXX acaba de achegar a listaxe provisional das adxudicacións dos destinos aos/ás funcionarios/as do corpo de xestión procesual e administrativa da Administración de Xustiza (quenda libre), que superaron as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/1254/2022, do 7 de decembro, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

ACCEDE A LISTAXE PICA AQUÍ

PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN E PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO CERTIFICADO DE COMPETENCIAS DIXITAIS COMDIX

No DOG de hoxe, 2 de septembro, publícase  a convocatoria do Programa de autoformación e das probas para a obtención do certificado de competencias dixitais ComDix no seu nivel de iniciación.

1. As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web do CeMIT: https://cemit.xunta.gal
2. Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

3. O prazo para a inscrición estará aberto para as dúas (2) edicións a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irase pechando secuencialmente para cada unha das edicións co obxecto de permitir que as persoas interesadas que non resulten seleccionadas na primeira edición poidan inscribirse na seguinte convocatoria:
Edición de outubro: ata o 18 de setembro, inclusive.
• Edición de novembro: ata o 18 de outubro, inclusive.

Toda a información sobre este certificado ComDix atópase na páxina web:  https://competenciasdixitais.xunta.gal/

▶▶  Accede ó contido íntegro da convocatoria no DOG aquí.