Tras a publicación do Protocolo de Acoso no Traballo en abril de 2023. quedaba pendente para a súa completa funcionalidade a elaboración do Regulamento do Comité de Intervención.
Desde SPJ USO consideramos que se pode mellorar pero ante a urxencia da súa posta en marcha para que tod@s @s funcionari@s de Xustiza estean minimamente protexidos, demos o OK.
Igualmente seguimos insistindo na falta dun Protocolo de Coordinación co Ministerio de Xustiza, dado que ante unha denuncia de acoso pode estar implicada a figura dun xuíz, fiscal ou letrado.
A DXX comprometeuse a convocar unha reunión nun prazo aproximado de dez a quince días para tentar mellorar a regulación do Comité de Intervención e tamén para finalizar co Protocolo de Acoso Sexual.
ACTIVIDADES DE PREVENCIÓN REALIZADAS ATA O MOMENTO
As últimas avaliacións de Riscos efectuadas nestos últimos meses foron en Becerrea, Chantada, Mondoñedo, Ribadavia, Xinzo de Limia e Silleda. Desde SPJ USO vimos solicitando que aquelas medidas correctoras que son enumeradas polo equipo de prevención de riscos nas Avaliacións de Riscos, na medida na que estas sexan corrixidas pola DXX póñanse en coñecemento para a súa posterior verificación. A data de hoxe non se nos notificaron, polo que solicitamos que aqueles compañeiros que pasando o equipo de Prevención de Riscos polos seus postos de traballo e tras a correspondente avaliación e non corrixíndose as medidas poñádesnolo en coñecemento para solicitar o seu correspondente cumprimento
ADAPTACIÓN DE POSTO POR MOTIVOS DE SAÚDE Entre maio e agosto 2024 – foron 2.
ADSCRIPCIÓNS POR MOTIVOS DE SAUDE, Entre maio e agosto non se presentaron solicitudes.
Desde SPJ USO solicitamos que este tipo de solicitudes sexan trasladadas ao Comité de Seguridade e Saúde para a súa valoración e concesión e non se realice de maneira arbitraria.
ROGOS E PREGUNTAS.
Hoxe non elevamos moitas preguntas á DXX porque primeiro, a calidade do son era pésima e segundo porque consideramos que esta reunión non debe ser un paripé para cumprir os prazos establecidos na Lei de Prevención de Riscos, senón para tentar dar solución aos problemas existentes día a día nos postos de traballo e hai moitas preguntas efectuadas por este Sindicato que non reciben resposta, polo que tentaremos que as sucesivas reunións sexan realizadas de maneira presencial e que na medida do posible por parte da DXX den resposta, polo que resumimos os puntos máis destacados no día de hoxe xa que foron reinvindicaciones e peticións constantes por parte de SPJ USO nos Comités de seguridade e saúde:
PLAN DE EMERXENCIA CIDADE DA XUSTIZA.
Esta foi unha petición constante por parte deste Sindicato desde que se abriron as portas na Cidade da Xustiza de Vigo que precisaba o desenvolvemento e posta en marcha dun Plan de Emerxencia e extinción de incendio, dada a magnitude do edificio da cidade olívica e do risco que conleva en sí mesmo e por fin parece que arranca. A DXX comunicounos que os grupos de acción xa están formados e que hai dúas convocatorias para a súa posta en marcha.
PRIMEIRA.- Reunión para o próximo 17 de Setembro entre Axentes Externos, bombeiros, policía local, Protección civil, e servizo de Ambulancias co fin de organizar o correspondente simulacro e posiblemente ese día fíxese unha data no calendario para a súa realización.
SEGUNDA.- O día 26 de setembro procederase á formación dos Grupos de Acción, onde se ensinarán as súas funcións e sobre todo como actuar en caso de emerxencia coñecendo ben as vías de evacuación.
GAS RADÓN
A DXX comunícanos as datas e os edificios nos que os técnicos do Laboratorio de Radón de Galicia realizarán as visitas para a instalacións dos dispositivos de medición .
É MOI IMPORTANTE que estes detectores permanezan durante un mínimo de tres meses e non deberán ser cambiados de sitio nin ser manipulados.
O 10 de setembro de 2024:
– Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
– Audiencia Provincial da Coruña. (antiga fábrica de tabacos)
O 11 de setembro de 2024:
– Audiencia Provincial de Pontevedra
– Edificio Xudicial de Marín
O 12 de setembro de 2024:
– Audiencia Provincial de Lugo
– Edificio Xudicial de Ribadavia (Ourense)
O 13 de setembro de 2024:
– Audiencia Provincial de Ourense.
O 16 de setembro de 2024:
– Edificio Xudicial de Noia
DESDE SPJ USO INSISTIMOS XA QUE LEVAMOS ANOS TENTANDO QUE ESTAS MEDICIÓNS SE REALICEN XA QUE DE EXISTIR GAS RADÓN, PODE SER UN ELEMENTO DE ALTO RISCO PARA A SAÚDE DOS TRABALLADORES, POLO QUE É IMPORTANTE SEGUIR EXTRICTAMENTE AS ORDÉNES DOS TÉCNCIOS DE PREVENCIÓN E BAIXO NINGÚN CONCEPTO TOCAR OU MANIPULAR Os DISPOSITIVOS.
ESCÁNER NOS XULGADOS
Como xa comunicamos empezáronse a súa colocación nos partidos de 4 xulgados, continuarán cos partidos xudiciais de 3, pasarán aos dous e por último aos de un. Os próximos a instalar serán en Ordes, Betanzos, Sarria e no Carballiño
DESFIBRILADORES NAS VILAS
De aquí a finais de ano comezarán a instalalos nos Xulgados de pobos, comezando polos partidos xudiciais con 4 xulgados.