CONCURSO DE TRASLADOS – IMPORTANTE – PRAZOS POSESORIOS – NOVIDADE PARA O PERSOAL QUE REINGRESA NOUTRO CORPO

spjinformaCon respecto ó Concurso de traslados 2022 dos corpos xerais de Xestión, Tramitación e Auxilio, como vos informamos, a publicación no BOE está prevista para o 📆 10 de marzo.

🔴 Os cesamentos serán:
☑️ 23 de marzo Tramitación.
☑️ 30 de marzo Auxilio e Xestión.

🔴 Tomas de posesión – NOVIDADE IMPORTANTE PARA OS  REINGRESOS, segundo nos informa o Ministerio:
TRES días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos OITO días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos VINTE días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.

👉 No caso de reingresos: O persoal reingresado a un novo Corpo que, por norma xeral, podía comezar o prazo posesorio a partir do día da publicación da resolución definitiva no BOE, deberá comezar a contar o seu prazo posesorio (20 días) a partir das mesmas datas de cesamento do resto dos funcionarios en situación de servizo activo. Iso, segundo o Ministerio, por necesidades do servizo, segundo o establecido no art. 52.1 do RD 1451/2005, por motivo do peche do sistema Aino@

(En anteriores concursos, conforme á normativa reguladora, no caso de reingreso dispoñíase de 20 dias dende o mesmo día da publicación no BOE)

Los comentarios están cerrados.