Archivo diario: 18/02/2022

A DXX CONVOCA COMISIÓN DE SEGUIMENTO DA CARREIRA PROFESIONAL

Tal e como ven informando SPJ-USO, a DXX convocounos á comisión de seguemento do acordo da  carreira profesional que se celebrará o próximo mércores día 23 de febreiro de 2022, como paso previo a apertura en próximas datas dos grados extraordinarios 1 e 2.

Aquí vos deixamos a convocatoria:

Bó día. Pola presente, convócaselle a unha reunión da Comisión de seguemento do acordo da carreira profesional do persoal de xustiza, para o próximo mércores 23 ás 12:30 h co seguinte orde do día:

  • Avaliación da situación da carreira profesional do persoal de xustiza. Estimación de prazos para a súa execución.
  • Información sobre a integración na carreira profesional do persoal interino.
  • Rogos e preguntas.

SPJ-USO: Pioneiro e impulsor da Carreira profesional na Xustiza!!! FEITOS, non palabras!!! 

 

POSIBLE RETRASO NA RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE TRASLADOS

 

Segundo a última información facilitada polo Ministerio de Xustiza, as datas de publicación das adxudicacións definitivas do concurso de traslado 2021 que estaban inicialmente previstas, é probable que se retrasen unha semana sobre o previsto.

O Ministerio de Xustiza manifesta que tentará que as datas inicialmente trasladadas ás CCAA se manteñan, non podendo garantilo a día de hoxe 18 de febreiro.

Datas inicialmente previstas:

Fecha de publicación prevista das LISTAXES DEFINITIVAS no BOE: 25 DE FEBREIRO.
– Fecha de cese Tramitación PA: 11 DE MARZO.
– Fecha de cese Xestión PA e Auxilio Xudicial: 18 de marzo.

 

Toma de posesión: tres días hábiles seguintes ao cesamento se non hai cambio de localidade do funcionario, nos oito días hábiles seguintes se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma e nos vinte días hábiles seguintes se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, da Comunidade Autónoma de Illes Balears, da cidade de Ceuta e da cidade de Melilla, nas cales será no mes seguinte, tanto se o posto de traballo nas illas ou nas cidades é o de orixe coma se é o de destino.