PREME SOBRE A SEGUINTE IMAXE PARA DESCARGAR A GUÍA/RESUMO, E SE CHE SURXE CALQUERA DÚBIDA NON DUBIDES EN CONTACTAR CO TEU DELEGADO SINDICAL DE SPJ-USO.
XUBILACIÓNS XUSTIZA – actualizado 2022
Comentarios desactivados en XUBILACIÓNS – CLASES PASIVAS – GUÍA RESUMO ACTUALIZADA 2022
Publicado en CLASES PASIVAS

Comentarios desactivados en BOLETIN SEMANAL DE NOTICIAS DE SPJ-USO DO 24 Ó 30 DE XANEIRO
Publicado en SPJ INFORMA
No día de hoxe, 29/01/2022, publicouse no BOE a Resolución de 17 de xaneiro de 2022, da Subsecretaría, pola que se publica Adenda de modificación do Convenio entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civiles do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas, a Mutualidad Xeral Xudicial e o Servizo Galego de Saúde, para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios ós mutualistas e demáis beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada con referidas mutualidades.
Comentarios desactivados en MODIFICACIÓN DO CONVENIO MUXEXU-SERGAS
Publicado en MUXEXU, SPJ INFORMA

A Dirección xeral de Xustiza acaba de remitirnos unha proposta de modificación na regulamentacion das substitucions conforme á solicitudes de SPJ-USO
Aquí vos deixamos a modificación que eliminaría o requisito de permanencia de 6 meses no posto de traballo no caso de cese involuntario:
Bó día,
Remitimos proposta de modificación da Resolución do 7 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre funcionarios ao servizo da Administración de xustiza en Galicia. Esta proposta cínguese a eliminar o requisito de permanecer 6 meses no posto de traballo de orixe unha vez se cese na substitución. Deste xeito, só se penalizaría a aquelas persoas que por vontade propia renuncien ao posto, e non, aos que cesen por motivos alleos á súa vontade.
A literalidade do artigo a modificar sería:
“Cuarto.-Requisitos dos aspirantes.
Dado que se trata dunha pequena modificación, pregamos celeridade á hora de avaliar a proposta formulada. Así, podedes achegar o voso parecer como tarde, ao longo do próximo luns día 31 de xaneiro.
Se non manifestades opinión ao respecto no prazo establecido, entenderemos que existe conformidade coa proposta.
Comentarios desactivados en PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA REGULACIÓN DAS SUBSTITUCIÓNS, a solicitude de SPJ-USO.
Publicado en SPJ INFORMA, SUBSTITUCIÓNS
En relación á data da publicación da listaxe definitiva sobre méritos da fase de concurso de Auxilio Xudicial da OEP 2017/18, o Ministerio de Xustiza informa que aínda que a intención era publicar a devandita listaxe a finais de xaneiro ou a primeira semana de febreiro, algúns dos Tribunais Delegados aínda non teñen a información preparada, razón pola que están a valorar se sacar unha listaxe parcial, coas listaxes das que dispoñan, ou atrasar a súa publicación ata ter a información de todos os Tribunais.
▪️ Manterémosvos puntualmente informados!!!
Comentarios desactivados en OEP 2017/2018: PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITVA DE MÉRITOS DE AUXILIO XUDICIAL‼
Publicado en OPOSICIÓNS, SPJ INFORMA