Archivo diario: 01/02/2022

ÚLTIMA HORA: CONVOCATORIA DAS BOLSAS DE PERSOAL INTERINO NA XUSTIZA GALEGA‼️

Conforme vos adiantamos dende SPJ-USO, a Dirección Xeral de Xustiza comunícanos que o 8 de febreiro (ou en todo caso nesa semana) está previsto que se publique no DOGA a convocatoria das bolsas de interinos do persoal ao servizo da Administración se Xustiza en Galiza, nos termos que vos temos informado.

▪️ Manterémosvos puntualmente informados!!!

CONVOCADO O PLÁN FORMATIVO OFIMÁTICO DE GALICIA 2022

 RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia.

 

Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a seguir se relacionan:

☑️ Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).

☑️ Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).

☑️ Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).

☑️ Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).

☑️ Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).

☑️ Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).

☑️ Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).

☑️ Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).

☑️ Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/ Linux Debian 9).

☑️ Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día 2-2-2022.

⭕ As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula&gt; desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220201/AnuncioO150-200122-0001_gl.html

RECOÑECEMENTO MÉDICO ANUAL 2022 ➖ Campaña de vixiancia da saúde!

Publicada no Doga a RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se dá publicidade da campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2022.

Inscrición: A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible na OPAX.

👉 Toda inscrición xerará un xustificante do consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Prazo de inscrición: 4 meses contados a partir do día 2/2/2022, agás persoal de nova incorporación, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando das vacacións. Nestes supostos deberá presentarse a debida xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

▪️ Amplía información e accede ó DOGA: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220201/AnuncioG0595-270122-0002_gl.html