RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2022 pola que se convocan as actividades formativas que compoñen o Plan formativo ofimático de Galicia.
⭕ Convócanse 2.000 prazas en accións formativas impartidas na modalidade de teleformación integradas no Plan formativo ofimático de Galicia, que a seguir se relacionan:
☑️ Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base).
☑️ Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019).
☑️ Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc).
☑️ Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019).
☑️ Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer).
☑️ Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019).
☑️ Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress).
☑️ Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019).
☑️ Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/ Linux Debian 9).
☑️ Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (contorno Windows 10).
⭕ O prazo de presentación de solicitudes será de dez días a partir do día 2-2-2022.
⭕ As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
⭕ O número máximo de actividades formativas que se poden solicitar limítase a tres.
▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220201/AnuncioO150-200122-0001_gl.html