Archivo diario: 26/05/2021

ÚLTIMA HORA – ACCIÓN SOCIAL 2021

📢📢📢A DXX ven de comunicarnos que mañá xoves día 27 de maio de 2021, sae publicada no DOG a Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do fondo de acción social do ano 2021 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Dende SPJ-USO lamentamos que a Xunta de Galicia manteña un ano mais os recortes na convocatoria de acción social para o noso colectivo, como vos temos informado e tentaremos por tódolos medios ó noso alcance recuperar outros programas de acción social como son fillos, estudios, sanitaria, transporte, etc…..
Igualmente seguiremos loitando pola subida da porcentaxe de masa salarial destinada a este fin.
POR UNHA ACCIÓN SOCIAL DIGNA‼️