Archivo diario: 24/05/2021

ÚLTIMA HORA – ADXUDICACIÓNS DAS ÚLTIMAS SUBSTITUCIÓNS OFERTADAS‼

📢📢📢RESOLUCIÓN do Director Xeral de Xustiza do 24/05/2021, pola que se resolve a convocatoria de provisión temporal de postos de traballo mediante o sistema de substitución.

 

Adxúntase arquivo pdf coa resolución⤵⤵

2021.05.24_Resolucion DXX_Publicación Adxudicacións

AUXILIO JUDICIAL – CONVOCADO EL EXÁMEN DE INCIDENCIAS

📢📢📢Publicado en la página Web del Ministerio de Justicia el acuerdo del Tribunal Calificador Único por el que se convoca a los aspirantes relacionados en el Anexo para la realización de los EJERCICIOS DE INCIDENCIAS de la oposición al cuerpo de Auxilio Judicial, el próximo 4 de junio de 2021.

Más información aquí: ⤵⤵

Acuerdo convocatoria ejercicios Auxilio Judicial

Anexo Acuerdo convocatoria ejercicios

IMPORTANTE NOTA INFORMATIVA PARA LOS OPOSITORES

MESA SECTORIAL DE INTERINOS CELEBRADA O LUNS 24 DE MAIO

ℹ➡ No día de hoxe mantivemos de forma telemática reunión da mesa Sectorial coa DXX.

Para a nosa sorpresa, iniciouse a mesma, por parte do Director Xeral, introducindo novas modificacións o derradeiro borrador remitido pola propia Dirección xeral.

Nesta nova proposta modificou o artigo 9 relativo as CONDICIÓNS ESPECIFICAS DOS CANDIDATOS, deixando como único requisito para o acceso a bolsa estar en posesión da titulación correspondente a cada corpo e pasando os requisitos que constaban no borrador a méritos baremables.

➡ Asimesmo adiantou outras modificacións respecto do borrador actual:

  • Con respecto as valoracións nos cursos de lingua Galega, tal como se había solicitado dende SPJ-USO, vaise aumentar a súa puntuación.
  • En relación os cursos de formación que no actual borrador desaparecían, o DXX deixou a porta aberta a volver a incluílos novamente dentro da baremación, tal como xa esixiu  SPJ-USO nas súas alegacións.
  • Manifestou a necesidade de introducir cambios na incorporación dos funcionarios interinos que se atopen de baixa, suspensión temporal, etc, incorporando un prazo entre a alta médica e a alta efectiva no bolsa, para así evitar posibles “fraudes”.
  • En relación ás bolsas, están dispostos a aceptar a proposta de SPJ-USO, de facer unha listaxe de baremados sen límite de integrantes, e que serían chamados por escrupuloso orde de baremación cando se esgotasen as bolsas de traballo e reserva, co cal se evitaría acudir o SPEG, tal e como está sucedendo actualmente.
  • Con respecto o número dos integrantes das bolsas de traballo e de reserva, teñen a intención de aumentalas o que sexa necesario, previa negociación entre coas organización sindicais.

➡ Finalmente, a DXX comunicounos que nos remitirá en breve un novo borrador e que nos convocara para una nova mesa sectorial, previsiblemente o próximo xoves, na que tamén se negociará a convocatoria das novas bolsas.