Archivo diario: 18/12/2020

CONCURSO DE TRASLADOS: PUBLICACIÓN NO BOE O LUNS 21 de DECEMBRO

O Ministerio de Xustiza informa que a data prevista de publicación no BOE da resolución provisional do concurso de traslados de 2020, será o vindeiro LUNS 21 de decembro.

 

⭕👉 IMPORTANTE: A partir desa data comeza o prazo de alegacións e renuncias.

 

▪️ Manterémosvos puntualmente informados!!!

SUBSTITUCIONS. NOVAS PRAZAS OFERTADAS

Preme nos seguintes enlaces para acceder á resolución de oferta de prazas en substitución, así como o Anexo bis II de solicitude de substitución:

NOVOS AVISOS DE DESOCUPACIÓN 17-12-20

Anexo bis II Solicitude de SUBSTITUCIÓNS

LISTAXES DEFINITIVAS DA ACCIÓN SOCIAL 2020 . PROGRAMA DE DISCAPACIDADE

LISTAXES DEFINITIVAS DE ACCIÓN SOCIAL 2020 (Programa de discapacidade)‼️

 Publicada no DOGA a RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2020 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:
 Tramo 1: 120.39 €
 Tramo 2: 240,78 €
 Tramo 3: 481,56 €

O abono das ditas cantidades será neste mes de decembro.

 Amplía información e accede á resolución: ⤵️⤵️
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201218/AnuncioG0595-111220-0002_gl.html

SPJ-USO: FIN ós recortes da ACCIÓN SOCIAL XA‼️