Hoxe 2/12 publÍcase no Diario Oficial de Galicia:
Resolución do 20 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de solicitudes estimadas e desestimadas relativas ao recoñecemento extraordinario do grao I da traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
De conformidade co establecido no artigo 7 da Resolución do 25 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de setembro de 2020, polo que se aproba o acordo acadado o 3 de agosto de 2020 entre a Administración da comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, e duas organizacións sindicais mais, para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia (DOG núm. 201, do 5.10.2020).
⭕👉 IMPORTANTE: O acceso por parte da persoa interesada á información relativa á estimación ou desestimación da súa solicitude realizarase a través da Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza de Galicia (OPAX).
ACCEDE A RESOLUCIÓN DO DOGA




















