
SPJ-USO por medio de escrito presentado o día 19 de Febreiro de 2019, reitera a solicitude de que se inclúa a proba de detección precoz do cancro colorrectal no recoñecemento médico anual.
Toda vez que que con data 11 de Febreiro de 2019, se nos contestou ó noso escrito presentado anteriormente, contestación negativa na que o Xefe de Servizo de Prevención de Riscos Laboráis o único que fai é escurrir o vulto e desentenderse totalmente dunha petición lóxica, razoada e que ademais cun pequeno custo. Polo que esperamos que reconsideren a súa postura e se inclúa destro da CAMPAÑA DE VIXILANCIA PERIÓDICA DE SAÚDE PARA O ANO 2019.
A continuación adxuntamos o escrito presentado no día de onte e a contestación do Xefe de Servizo de Prevención de Riscos Laboráis.
ESCRITO REITERANDO A INCLUSIÓN DA PROBA DE DETECCIÓN PRECOZ DO CANCRO COLORRECTAL




















