INFORMACIÓN IMPORTANTE:
Documentación e trámites necesarios
- Persoal procedente de fóra da Comunidade Autónoma de Galicia
O día seguinte ao cesamento no destino de orixe deberán achegar á xefatura territorial que corresponda, mediante correo electrónico, a seguinte documentación: fotocopia do DNI, ficha de recollida de datos (persoais e bancarios) e fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores a 01/01/2011), así como a tarxeta de MUXEXU. MODELO A1
O resto da documentación poderán presentala na delegación correspondente o día da toma de posesión.
- Fotocopia do DNI.
- Ficha de recollida de datos (persoais e bancarios). Ficha de datos persoais
- Fotocopia da tarxeta sanitaria (unicamente para ingresos posteriores ao 01/01/2011) e fotocopia da tarxeta de MUXEXU.
- Certificado de haberes.
- Certificado ou copia dos trienios recoñecidos.
- Certificación das vacacións e días gozados na Administración da que procedan. A certificación deberá de indicar os días de asuntos particulares xa desfrutados, con indicación do ano (os correspondentes a 2019 e os adicionais de 2017 e 2018).
- Modelo 145 IRPF
- Persoal con destino na comunidade autónoma de Galicia
- Persoal que obteña destino fóra da comunidade autónoma de Galicia
O persoal que obteña un novo destino fóra da comunidade autónoma de Galicia, no momento de formalización do cesamento, deberá facer entrega da tarxeta de identificación persoal e control horario, asinando o impreso acreditativo de tal circunstancia.
No caso de non ter que formalizar cesamento ningún por reingresar fóra da comunidade autónoma nun corpo distinto do que estaba a prestar servizos, a tarxeta será entregada presencialmente ou por correo postal ao correspondente servizo de persoal de xustiza, no enderezo sinalado no punto 1 desta nota informativa.