SPJ- USO SOLICITA QUE NON SE REALICEN DESCONTOS NA NÓMINA ÓS COMPAÑEIROS QUE REALICEN DETERMINADOS CURSOS DA EGAP.

Nos últimos días a varios compañeiros/as comunicóuselles desde a Dirección Xeral de Xustiza que recibirán descontos en nómina na parte proporcional das súsas retribucións (excepto salario e trienios) pola realización dun curso de tres días da EGAP. En concreto o curso en cuestión é o «Curso Monográfico de Planificación estratéxica como método de xestión pública», que se realizou durante os días 29-30 e 31 de Xaneiro en horarios de mañá e tarde.

O devandito curso que foi convocado pola Resolución do 27 de Decembro de 2018 e publicado no DOG do pasado 10 de Xaneiro estaba dirixido entre outros ao persoal da administración de xustiza de Galicia.

A explicación que se lles deu aos compañeiros para xustificar os devanditos descontos en nómina é que o referido curso da EGAP, no está dentro do «Plan de formación continua para o ano 2019 e polo tanto procede detraer a parte proporcional do salario polos días de asistencia ao curso.

Desde SPJ-USO  entendemos que realizar deducións de haberes aos compañeiros que realizaron este curso supón un engano e unha estafa que se denunciará onde sexa preciso. Polo que solicitamos que tales descontos déixense sen efecto e ademais que se deixe ben claro a posibles solicitantes que tipo de cursos organizados pola EGAP, son susceptibles de xerar descontos en nómina.

A continuación adxuntamos ó escrito presentado por este SPJ-USO por este tema.

ESCRITO DESCONTOS CURSO EGAP

Los comentarios están cerrados.