Ante as malinformacións e escritos carentes de sentido presentados por algún sindicato, e ante as múltiples preguntas, aclaramos que A POSIBILIDADE DE ENTRAR ÁS 7.30 NA XORNADA DE VERÁN, así como a REDUCCIÓN A 37,5 HORAS SEMANAIS NAS PROLONGACIÓNS DE XORNADA XA FOI ACADADO POR SPJ USO no 2017 e continúa no 2018 sen lugar a dúbidas.
SPJ-USO ACADA A REDUCCIÓN A 37,5 HORAS NAS PROLONGACIÓNS DE XORNADA DO VERÁN
ESCRITO PRESENTADO POR SPJ-USO SOLICITANDO A REDUCCIÓN Logo de acadar que a Dirección Xeral de Xustiza modificase o horario de verán para permitir a fichaxe desde as 07:30 horas, desde SPJ-USO xa anunciamos desde o pasado mércores que non nos rendíamos e seguíamos loitando por mellorar as condicións dos nosos compañeiros e compañeiras na xornada estival.
Finalmente, a nosa actuación(os escritos presentados, que podedes ver no noso blogue spjusogalicia@wordpress.com, xunto co anuncio de mobilizacións, e as xestións e presións levadas a cabo día a día na propia Dirección Xeral de Xustiza) provocou que a Administración tamén accedese a variar o réxime horario das prolongacións de xornada durante a vixencia do horario de verán, de xeito que o persoal só teña que cumprir 37,5 horas semanais, e non 40 como ocorría ata agora.
Coma sempre, SPJ-USO seguirá loitando pola mellora das condicións laborais do noso colectivo.
SPJ-USO
SINDICATO MAIORITARIO NA XUSTIZA GALEGA
FEITOS, NON PALABRAS

Convócaselles á reunión da Comisión de Seguimento do Acordo de 23/05/2018.
Acuerdo del Tribunal Calificador Único de 8 de junio, por el que se convoca a la realización de la prueba optativa de Derecho Civil Vasco

















