FICHAR AS 7.30 E REDUCIR AS PROLONGACIÓNS DE XORNADA NA TEMPADA DE VERÁN XA FOI CONSEGUIDO POR SPJ-USO NO 2017

IMG-20170612-WA0003.jpg

ESCRITO PRESENTADO POR SPJ-USO SOLICITANDO A REDUCCIÓN  Logo de acadar que a Dirección Xeral de Xustiza modificase o horario de verán para permitir a fichaxe desde as 07:30 horas, desde SPJ-USO xa anunciamos desde o pasado mércores que non nos rendíamos e seguíamos loitando por mellorar as condicións dos nosos compañeiros e compañeiras na xornada estival.

Finalmente, a nosa actuación(os escritos presentados, que podedes ver no noso blogue spjusogalicia@wordpress.com, xunto co anuncio de mobilizacións, e as xestións e presións levadas a cabo día a día na propia Dirección Xeral de Xustiza) provocou que a Administración tamén accedese a variar o réxime horario das prolongacións de xornada durante a vixencia do horario de verán, de xeito que o persoal só teña que cumprir 37,5 horas semanais, e non 40 como ocorría ata agora.

Coma sempre, SPJ-USO seguirá loitando pola mellora das condicións laborais do noso colectivo.

SPJ-USO

SINDICATO MAIORITARIO NA XUSTIZA GALEGA

FEITOS, NON PALABRAS

Los comentarios están cerrados.