Archivo diario: 22/09/2017

NOVOS AVISOS DE SUBSTITUCIÓNS. 22/09/2017

Resultado de imagen de NUEVOS AVISOS DE SUSTITUCIONES

Publícanse novos avisos de desocupación de postos que se ofertan para a súa cobertura mediante substitución entre titulares con data do 22 de setembro de 2017.

As prazas ofértanse conxuntamente para a súa cobertura en substitución vertical ou horizontal. De acordo coa normativa reguladora, poderá solicitar as substitucións o persoal funcionario de carreira dos corpos xerais que estea en situación de servizo activo e prestando efectivamente servizo. Terá preferencia a tramitación das substitucións verticais, e dentro de cada un dos apartados operan os criterios de preferencia determinados na norma.

Os/as interesados/as nas substitucións presentarán as súas solicitudes conforme ao Anexo II bis dispoñible nos modelos do correspondente apartado adicado ás substitucións entre titulares. No caso de que se solicite varias das prazas ofertadas, a orde de preferencia a ter en conta de corresponderlle máis dunha das prazas, será a que recollida na solicitude.

PROCEDE A PUBLICACIÓN DAS SEGUINTES PRAZAS:

XDO. DO SOCIAL Nº 2 DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, VACANTE, CORPO TRAMITACIÓN.

XDO. CONT.-ADTVO. Nº 2 OURENSE, LICENZA POR ENFERMIDADE, CORPO TRAMITACIÓN

 Prazo de presentación de solicitudes: 25, 26 e 27 de setembro de 2017

 

Mentras que non se habilite a opción de solicitude a través da OPAX, as peticións deberán de ser cubertas conforme ao anexo II bis e remitidas por algunha das  seguintes canles:

Correo electrónico: servicio.persoal.xustiza@xunta.gal       Fax: 981546222

Imagen

MESA TÉCNICA DE COMISIÓNS DE SERVIZO

Comisións de servizo - circular - 20-91