Archivo diario: 26/06/2017

TERCEIRO BORRADOR DA ORDE DE INTERINOS «ACLARACIONS A DESINFORMACIÓN»

Resultado de imagen de interinos justiciaDada as desinformacións que estades a recibir os compañeiros interinos,   queremos aclarar en primeiro lugar que a proposta remitida pola Administración non deixa de ser un borrador (recordamos que xa van 3) dado que estamos en fase de negociación, e polo tanto nada é definitivo polo de agora, de ahí que dende este sindicato vos fixemos chegar a proposta íntegra e de ahí recollemos as vosas alegacións e preocupacións, que xa son bastantes sen inventarnos mais…., e sobre as cales por suposto,  na próxima reunión faremos as alegacións e loitaremos na negociación pola defensa dos intereses do colectivo. Aínda non temos data da vindeira mesa de negociación.

Dende SPJ-USO  entendemos que non é o momento de colgarse méritos nin medallóns individuais, aínda que iso parece ser o único que preocupa a algúns.

É o momento de traballar pola mellora  das futuras condicións laborais do colectivo de tratalladores e traballadoras interinos,  entre as que destacan:

  1. Loitaremos polo recoñecemento da experiencia como mérito, esixindo que a antigüidade se compute dende o ano 1992 e non dende 2004 como se recolle. IMPRESCINDIBLE
  2. Seguiremos loitando para que se puntúen os cursos de formación de antigüidade superior ós 5 anos, e esiximos que se puntúen tódolos cursos de normativas legais actualmente en vigor, independientemente da súa antigüidade. IMPRESCINDIBLE
  3. Doia a quén doia, SPJ-USO foi o único sindicato que esixiu que o tempo de servizos prestados a ter en conta para ír ó final da bolsa sexa de 360 días e non de 180 como está establecido actualmente, e aínda que somos conscientes de que non gustará ó 100 % do colectivo, a maioría está plenamente dacordo, e alomenos conseguimos que os compañeiros se vaian para a súa casa con 4 meses garantidos de paro. Por moito que o critiquen algúns, eso son FEITOS e garanten os dereitos do colectivo (art. 21 da proposta).
  4. Desmentimos categóricamente a desinformación que dí que se elimina a Bolsa de Reserva. Non hai mais que ver o artígo 3 e 6 da orde. Cousa diferente é que o artigo 7 (e isto é unha novidade deste 3º borrador e polo tanto pendente de negociación) en relación ó artigo 7 da regulación anterior, aumenta considerablemente as porcentaxes de integrantes das bolsas de traballo, artigo do que SPJ-USO como sindicato maioritario e primeiro en falar na mesa ESIXIRÁ A SÚA MODIFICACIÓN, solicitando unha reducción das porcentaxes da dita bolsa de traballo, así como a negociación das porcentaxes da bolsa de reserva.

Convócanse 130 prazas para 1 actividade do plan de formación continua (en liña) 2017 para a carreira fiscal e corpos de letrados da Administración de xustiza, avogados do Estado, médicos forenses e facultativos do INTCF

Resultado de imagen de formacion de recursos humanosSaíu publicada a Resolución da dirección do Centro de Estudos Xurídicos pola que se convocan 130 prazas para 1 actividade do plan de formación continua (en liña) 2017 para a carreira fiscal e corpos de letrados da Administración de xustiza, avogados do Estado, médicos forenses e facultativos do INTCF.

Para máis información prema nesta ligazón.