Archivo diario: 15/03/2016

Calendario laboral 2016

acb9a-logo2bgalicia-bmpCONCILIACIÓN DA VIDA LABORAL E FAMILIAR:

1.- XORNADA INTENSIVA DE VERÁN PARA FUNCIONARIOS CON FILLOS MENORES DE 13 ANOS (DO 1 DE XUÑO O 30 DE SETEMBRO)

2.- HORARIO FLEXIBLE NA XORNADA DE VERÁN (16 DE XUÑO A 15 DE SETEMBRO)

A Dirección Xeral de Xustiza ven de remitir ás organizacións  sindicais presentes na mesa sectorial de Xustiza o texto do calendario laboral 2016 e  a orde correspondente, remitido ao CXPX para emisión de informe; requisito necesario previo á súa aprobación.

Recordamos que o calendario laboral do ano 2015 non foi publicado por non ter o preceptivo visto bó do CXPX, e polo tanto,  a día de hoxe está en vigor a “ORDEN de 18 de junio de 2014 sobre los horarios y el calendario laboral de las oficinas de la Administración de justicia en Galicia para 2014”.

CALENDARIO LABORAL – circular

TRIBUTACION IRPF EXTRA 2012 RECUPERADA POR RESOLUCION XUDICIAL

 

SPJUSOINFORMAEmitidos polo Cixtec os certificados de haberes do ano 2015 e logo de que moitos compañeiros e compañeiras nos consultaran ao respecto, e aínda que o certificado de haberes consigna as cantidades percibidas polo recoñecemento xudicial da devolución da paga extra de decembro de 2012 como se fosen atrasos de ese ano 2012, temos que aclarar, como xa fixemos nunha circular anterior, que esas cantidades non poden ser obxecto de declaración complementaria, xa que deben sumarse ao resto de ingresos do ano 2015 e tributarse nese ano.

CIRCULAR IRPF EXTRA 2012