O Consello da Xunta aprobou onte o proxecto de decreto polo que determina o calendario laboral para o ano 2015 en Galicia. Esta axenda recolle tanto os festivos nacionais como os autonómicos, de xeito que son, en total, doce días festivos de carácter retribuído e non recuperable. A estes, hai que engadir dous festivos locais en cada concello.
O calendario laboral galego para 2015 incluirá como festivo propios o día 2 de novembro, luns, e o 20 de marzo, venres. O próximo exercicio hai dous festivos que coinciden en domingo: o 1 de novembro, que se cambia polos luns seguinte, día 2; e o 6 de decembro, que se substitúe polo 20 de marzo, venres, para celebrar o día de San Xosé. Optouse polo día 20 xa que se entendeu que era unha mellor opción, ao coincidir o 19 en xoves. Cabe puntualizar, ademais, que este ano non se escolleu o Día das Letras Galegas, xa que o 17 de maio será domingo.
Polo tanto, o calendario laboral quedará configurado así:
| FESTIVIDADE | DATA |
| Ano novo(*) | 1 xaneiro xoves |
| Día de Reis(**) | 6 xaneiro martes |
| Celebración de San Xosé(***) | 20 marzo venres |
| Xoves Santo(**) | 2 de abril xoves |
| Venres Santo (*) | 3 abril venres |
| Festa do Traballo(*) | 1 maio venres |
| Día Nacional de Galicia(**) | 25 xullo sábado |
| A Asunción(*) | 15 agosto sábado |
| Día da Hispanidade (*) | 12 outubro luns |
| Todos os Santos (***) | 2 novembro luns |
| A Inmaculada(*) | 8 decembro martes |
| Nadal(*) | 25 decembro venres |
(*) Festa de carácter nacional non substituíble
(**)Festa de carácter nacional sobre a cal a Comunidade Autónoma non exerceu a facultade de substitución
(***)Festa propia da ComunidadeAutónoma


















