Neste último trimestre do ano vanse realizar os cursos preparatorios e as probas para o Celga. Comentámosche todas as novidades para que saibas a onde te tes que dirixir, onde podes realizar os cursos ou ben cando se realizan as probas e o importe das taxas.
SOLICITUDE: Para realizar un curso preparatorio para os Celga hai que inscribirse no gabinete provincial de Normalización Lingüística correspondente á localidade na que desexe realizar o curso:
- – A Coruña: Edificio Administrativo de Monelos. Praza de Luís Seoane, s/n,15008 A Coruña. Tfno.:981 184 720. FAX: 981 185 681.
– Lugo: Edificio administrativo da Xunta de Galicia. Rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo. Tfno.:982 294 163. FAX: 982 294 926.
– Ourense: Edificio administrativo da Xunta de Galicia. Avda. da Habana, 79, 32872 Ourense. Tfno.:988 386 028. FAX: 988 386 003.
– Pontevedra: Edificio administrativo da Xunta de Galicia. Rúa de Benito Corbal, 47, 36001 Pontevedra. Tfno.:986 805 971. FAX: 986 805 045.
PRAZOS: os cursos que se impartan finalizarán o 20 de novembro de 2009. O prazo de matrícula para estes cursos remata o 10 de setembro de 2009. Sigue leyendo



















