Archivo diario: 24/11/2008

O volume de causas de violencia de xénero que ingresaron no xulgado competente nesta materia en Ourense diminuíu en comparación co ano anterior

logodxxxxFonte: Páxina web da Xunta.

En relación coas informacións aparecidas nos últimos días sobre a situación no Xulgado de Instrución número 3 de Ourense –unidade que entre as súas competencias ten atribuídas as de violencia de xénero-, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza informa de que, se ben é certo que aumentou o número de causas que teñen pendentes, o volume de causas en materia de violencia de xénero ingresadas a data 30 de setembro de 2008 disminuíu en relación coas ingresadas nas mesmas datas o ano anterior.

Así, se comparamos as estatísticas en materia de violencia de xénero publicadas polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) respecto deste órgano, no período entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2007 ingresaron nel 30 dilixencias urxentes e 343 dilixencias previas; mentres que no mesmo período deste ano ingresaron 7 dilixencias urxentes e 355 dilixencias previas (estes son os dous procedementos que se toman como criterio para medir o volume de entrada dun xulgado).

Doutra banda, na área integrada polos partidos xudiciais de Santiago de Compostela, Negreira, Padrón e Ordes, os asuntos ingresados en materia de violencia de xénero no que vai de ano mantense en termos similares ao ano 2007.

O ingreso de asuntos en materia de violencia de xénero no partido xudicial de Ourense a data 30 de setembro de 2008 supón o 15,33% do módulo establecido polo CXPX, mentres que na indicada área de Santiago-Negreira-Padrón-Ordes a entrada supón o 16,52% do devandito módulo, segundo os datos publicados pola Sección de Estatística do CXPX relativos aos tres primeiros trimestres deste ano.

En calquera caso, en xullo deste ano a Dirección Xeral de Xustiza solicitou ante o Ministerio de Xustiza a dotación de xulgados de violencia sobre a muller nas cidades de Pontevedra, Santiago, Lugo e Ourense, de maneira que a creación destas unidades sexa paulatinamente unha realidade.

¿quen non dixo? …¡un minuto que xa vou!

tiempo10

Escrito a Dirección Xeral en relación cos Xulgados de Betanzos, Ferrol e o Sercyn da Coruña

bet_13Polo noso compañeiro Quique presentouse na DXX un escrito denunciando as deficiencias dos edificios xudiciais de Betanzos e Ferrol e nas oficinas do Sercyn de A Coruña, ao que poderedes acceder facendo clik na imaxe

Mesa sectorial 20.11.08

mesa-sectorial-20-11-08_11

Premendo sobre a imaxe da esquerda poderedes acceder a nota informativa deste sindicato en relación coa mesa sectorial do pasado vinte de novembro

Oposicións 2008 – Médicos Forenses, convocatoria

logo_boeEn el BOE de hoy, 24.11.08, se publica la siguiente orden:

Cuerpo Nacional de Médicos Forenses.— Orden JUS/3368/2008, de 11 de noviembre, por la que se convoca proceso selectivo para ingreso por el sistema general de acceso libre en el Cuerpo Nacional de Médicos Forenses. Para visualizar la orden hacer click en los links de más abajo.