Archivos de la categoría RPT’s

MESA SECTORIAL COA DIRECCIÓN XERAL DO 2/6/25

No día de onte tivemos a primeira toma de contacto ou reunión básicamente informativa onde a DXX nos deu explicacións á documentación remitida días antes. 

CIRCULAR MESA SECTORIAL 2-6

IMPORTANTE : CONVOCATORIA DE MESA SECTORIAL XUSTIZA DE GALICIA PARA O DÍA 2-06-2025

Acabamos de recibir convocatoria a unha reunión da Mesa sectorial de xustiza, o próximo día 2 de xuño, ás 10:30 h coa seguinte:

 

ORDE DO DÍA

🔴 Aprobación da acta da sesión anterior.
🔴 Propostas de RPT da Fase III.
🔴 Proposta do proceso de REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS.
🔴 Proposta de anteproxecto de regulamento do IMELGA.
🔴 Rogos e preguntas.

Como documentación a valorar na Mesa xúntase a seguinte:

☑️ Borrador da acta da Mesa sectorial do 14 de maio.

☑️ Folla de cálculo coa proposta de RPT das oficinas xudiciais da Fase III.

 RPT_OFICINAS XUDICIAIS FASE 3

☑️ Borrador da proposta de méritos a considerar nas RPT para os distintos postos singularizados.

Proposta meritos Postos Singularizados Fase III

☑️ Borrador de resolución coa RPT das oficinas xerais do Rexistro civil da Fase III.

Proposta RPT OFICINA XERAL DO REXISTRO CIVIL – FASE III

☑️ Borrador da proposta do proceso de reorganización da Fase III.

Proposta_PROCESO REORDENACIÓN FASE III_para negociación

☑️ Borrador do anteproxecto de regulamento do IMELGA previo ao inicio da tramitación para a súa aprobación.

Borrador Anteproxecto Decreto IMELGA

CONFIRMACIÓNS REXISTROS CIVÍS FASE I

spjinforma

A DXX ven de remitirnos, e igualmente publicou na web da Consellería, o seguinte en relación as confirmacións nos Rexistros Civís dos pobos afectados pola fase I:

«Documento informativo sobre as confirmacións do posto de traballo dentro do proceso de reorganización de efectivos das oficinas de xustiza, oficinas xerais do rexistro civil e oficinas de xustiza do municipio da fase I.»

🔴 Nos próximos días remitíranse os acordos de confirmación ao persoal correspondente con destino definitivo ou con reserva de posto nas localidades da fase I.

No ANEXO I remítennos as CONFIRMACIÓNS NAS OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL DA FASE I (serán 4 xestores e 18 tramitadores dos 38 xestores e 38 tramitadores que hai que nomear nos 38 partidos xudiciais galegos afectados. O restante persoal nomearase mediante REORDENACIÓN DE EFECTIVOS OU REASIGNACIÓN FORZOSA segundo o caso.

Accede ó documento premendo no seguinte enlace:

PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORGANIZACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE I‼️

A DXX remítenos, tralas mesas de negociación, o texto definitivo respecto do proceso de reorganización do persoal afectado pola Fase I.

  • Infórmase que na próxima semana, está previsto comenzar a remitir os oficios coas confirmacións de postos.

▪️ Amplía información: ⤵️⤵️
🔗 PROCEDEMENTO REORDENACIÓN DE EFECTIVOS FASE I GALICIA

PROCEDEMENTO PARA O DESENVOLVEMENTO DA REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DAS OFICINAS DE XUSTIZA, OFICINAS XERAIS DO REXISTRO CIVIL E OFICINAS DE XUSTIZA DO MUNICIPIO DA FASE I (ENTRADA EN FUNCIONAMENTO O 1 DE XULLO)

REORDENACIÓN DO PERSOAL UNHA VEZ APROBADAS AS RPTs DA FASE 1

O proceso de reordenación da fase I seguirá a seguinte orde:

  1. Provisión de postos de traballo polo procedemento de CONFIRMACIÓN.
  2. Identificación de postos de traballo que non se cubriron na fase anterior, que serán provistos polo procedemento de REORDENACIÓN DE EFECTIVOS.
  3. Provisión dos postos de traballo que non se cubriron nas fases anteriores, que serán provistos por REASIGNACIÓN FORZOSA.

A obtención dun posto tras a resolución dunha fase exclúe a participación nas demais.

A adscrición a postos de traballo polos procedementos de confirmación, reordenación e reasignación forzosa considerarase realizada con carácter non voluntario.

  1. CONFIRMACIÓN NO POSTO: A Administración adxudicará de oficio os postos de traballo dos centros de destino cuxas funcións e competencias teñan carácter de continuidade na nova estrutura organizativa que se despregue se existe un número igual ou menor de funcionarios destinados en postos de orixe que poidan ser axustados en postos de traballo da correspondente unidade organizativa da nova estrutura. No caso de que o número de efectivos do persoal actual exceda das dotacións previstas nas relacións de postos de traballo da nova organización, terán preferencia para ser confirmados os funcionarios/as de cada colectivo con maior antigüidade no posto de similar contido.

Persoal dos xulgados de paz: será confirmado de oficio de forma automática

Persoal dos decanatos e dos xulgados de primeira instancia e instrución (agás o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en Rexistro Civil): será confirmado de oficio de forma automática no servizo común de tramitación da localidade.

Persoal dos corpos de xestión procesual e administrativa e de tramitación procesual e administrativa dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil: confirmarase nas oficinas xerais de rexistro civil de oficio de forma automática ao persoal que na actualidade este desempeñando esas funcións.  O resto do persoal do mesmo corpo será confirmado no servizo común de tramitación.

Para o caso de que que non poida ser confirmada ningunha persoa funcionaria seguirase o establecido nos seguintes apartados.

2. REORDENACIÓN DE EFECTIVOS Mediante a reordenación de efectivos cubriranse os postos que non se cubriron na fase anterior. En concreto, afectará aos postos de xestión e de tramitación procesual dos xulgados con competencia en materia de Rexistro Civil, cando non se poidan cubrir previamente mediante confirmación.

Ofertaranse os postos da oficina xeral do rexistro civil e do servizo común de tramitación correspondentes ao seu centro de destino, e no seu caso, decanato, que sexan vacantes, que se adxudicarán tendo en conta a maior antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

3. REASIGNACIÓN FORZOSA (postos non cubertos mediante confirmación nin reordenación) A reasignación forzosa farase tendo en conta a a menor antigüidade no centro de destino e en caso de empate a antigüidade no corpo. No caso de que teñan a mesma antigüidade no corpo, acudirase ao escalafón.

No proceso de reordenación manteranse as Comisións de  servizo, as Substitucións e os interinos. No caso de cobertura de posto de  outro funcionario, serán asignados ó mesmo posto asignado ó titular  da praza; no caso de prazas vacantes, ás  prazas non cubertas.

RESUMO DAS RPT da fase 1 publicadas no DOGA, E DO DESEÑO E ESTRUCTURA DA NOVA OFICINA XUDICIAL DE GALICIA (CIDADES E POBOS)

RESUMO ELABORADO POR SPJ-USO DAS RPT da fase 1 publicadas no DOGA, E DO DESEÑO E ESTRUCTURA DA NOVA OFICINA XUDICIAL DE GALICIA

Accede á CIRCULAR/RESUMO das RPT FASE 1 E ESTRUCTURA NUMO