
ℹ️➡️ A DXX, nun novo alarde de autoritarismo e prepotencia, non acolle practicamente ningunha das alegacións sindicais respecto da nova normativa de COMISIÓNS DE SERVIZO E SUBSTITUCIÓNS, e continúa co seu afán de RECORTAR DEREITOS, remitíndonos a versión definitiva das resolucións de comisión de servizos e substitucións tras ser oídas (pero sen negociar realmente…) as organizacións sindicais na mesa sectorial do pasado 2 de decembro.
📣 Acóllense neste caso, entre outras, para o novo recorte dos nosos dereitos nas sentencias «logradas» por UXT e a CIG no TSXG.
🔴 Infórmannos igualmente que as resolucións de VSM e de Rexistro Civil, xa iniciaron a súa tramitación de cara á súa próxima aprobación e publicación.
ACCEDE Á NOVA NORMATIVA COMISIÓNS DE SERVIZO 2026
ACCEDE Á NOVA NORMATIVA SUBSTITUCIÓNS 2026
⚫ Resolución do x de xxxxx do 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:28d1b65f-b948-4727-a048-9d585fa19297
⚫ Complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:e4f4ed4b-3d45-4fca-b439-35f518c6bbe9
PUBLICADA RESOLUCIÓN DA DIRECCIÓN XERAL DE XUSTIZA POLA QUE SE ADXUDICAN POSTOS DE TRABALLO DO PROCESO DE REORDENACIÓN DE EFECTIVOS DENTRO DA REORGANIZACIÓN QUE SE REALIZA CON MOTIVO DA IMPLANTACIÓN DA FASE III





















