TELETRABALLO NA ADMÓN. DE XUSTIZA EN GALICIA: SITUACIÓN ACTUAL

Ante as numerosas consultas que nos estades a facer e a confusión xerada polas distintas regulacións que existen no ámbito da administración sobre este tema, SPJ-USO púxose en contacto coa DXX para que nos aclarase a situación actual.

Pola Dirección Xeral garantíusenos a continuidade do teletraballo nas mesmas condicións actuais, e dicir, segue vixente a Orde JUS/504/2020 de 5 de xuño, pola que se activou a fase 3 do plan de desescalada para a admon de xustiza ante o covid 19.

Lembrade que a efectos de teletraballo estamos actualmente na fase 3 do referido plan, que contempla resumidamente que non se poderá superar o 40% do persoal teletraballando simultaneamente , ou que o horario ordinario é o mesmo que o presencial, cunha asistencia mínima de 2 días semanais na oficina.

Asimesmo, recordamos que aínda está pendente de publicación desde o mes de marzo a resolución estatal pola que se regulará definitivamente a modalidade de teletraballo. A propia DXX manifesta que unha vez publicada se rexerá pola devandita orde. Mentres tanto seguiremos rexéndonos polo plan de desescalada actual. Polo tanto, non nos afecta nin a regulación dos corpos xerais da Xunta de Galicia nin a da AGE.

SPJ-USO: Sindicato maioritario na Xustiza galega

 FEITOS, non palabras!!!

Los comentarios están cerrados.