SPJ-USO SOLICITA  DE MANEIRA URXENTE A DOTACIÓN DE PERSOAL E REFORZOS PARA ÓS ÓRGANOS XUDICIAIS ANTE A GRAVE SATURACIÓN LABORAL

DESDE SPJ USO  SOLICITAMOS E ESIXIMOS DE MANEIRA URXENTE: convocatoria dunha mesa de traballo real e vinculante cun único obxectivo: AVALIAR AS CARENCIAS DE PERSOAL E DOTAR DE FORMA INMEDIATA OS REFORZOS QUE OS XULGADOS NECESITAN PARA SAÍR DO COLAPSO.

1- Que no día da data publicouse no BOE a creación de novas prazas xudiciais e fiscais en Galicia.

2.- Que, con anterioridade á aplicación da nova normativa de eficiencia xudicial, a creación de calquera novo órgano xudicial levaba aparellada de maneira inseparable a dotación dun cadro de persoal orgánico completo composto por xestores, tramitadores e auxilios necesarios para garantir o seu funcionamento.

3.-Que, na recente ampliación e adecuación da planta xudicial, omitiuse de forma deliberada ou neglixente a creación e dotación dos correspondentes cadros de persoal funcionario da Administración de Xustiza.

QUE ESTA SITUACIÓN É ABSOLUTAMENTE INACEPTABLE E ABUSIVA POLAS SEGUINTES RAZÓNS:

COLAPSO ESTRUTURAL: Os tribunais galegos arrastran unha sobrecarga de traballo histórica. A creación de novas prazas de maxistrados sen a correspondente dotación de funcionarios dos corpos xerais agravará aínda máis a asfixia das oficinas xudiciais, traducíndose en demoras insoportables para a cidadanía e no deterioro da saúde laboral dos traballadores.

IMPOSIBILIDADE MATERIAL: Resulta materialmente imposible asumir a inxente carga de traballo que xeran os novos titulares xudiciais coas Relacións de Postos de Traballo (RPT) actuais, as cales son totalmente insuficientes.

VULNERACIÓN DOS DEREITOS LABORAIS: A falta de persoal provoca unha sobrecarga xeneralizada que deriva en riscos psicosociais, estrés e baixas laborais que a propia Administración é incapaz de cubrir coa debida axilidade.

Desde SPJ USO non podemos tolerar nin ser cómplices dunha flagrante vulneración dos dereitos laborais dos traballadores da Administración de Xustiza, nin da premeditada desatención que se está a inflixir á cidadanía. A situación real non é «eficiencia», é un desmantelamento encuberto do servizo público. As consecuencias desta mala implantación están a prexudicar de forma directa e irreparable á cidadanía galega, á que se lle condena a sufrir atrasos sistemáticos na resolución dos seus procedementos, vulnerando o seu dereito constitucional a unha tutela xudicial efectiva e a unha xustiza sen dilacións indebidas. A Xunta de Galicia non pode escudarse en parches normativos para eludir a súa responsabilidade en canto a medios persoais e materiais.

SOLICITAMOS E ESIXIMOS DE MANEIRA URXENTE: convocatoria dunha mesa de traballo real e vinculante cun único obxectivo: AVALIAR AS CARENCIAS DE PERSOAL E DOTAR DE FORMA INMEDIATA OS REFORZOS QUE OS XULGADOS NECESITAN PARA SAÍR DO COLAPSO.

Resulta intolerable a actitude de desprezo e pasividade que a DXX mantén cara aos/ás traballadores/as. Levamos exactamente un ano solicitando medidas e a Administración segue «pasando de todo», demostrando unha nula vontade para reforzar os órganos xudiciais e bloqueando calquera solución real á saturación endémica que sufrimos. Non podemos permitir que estas solicitudes se convertan nun mero trámite burocrático mentres os xulgados se afunden.

VER ESCRITO PRESENTADO

ESCRITO SOLICITANDO MESA-REFORZOS

Justificante-PR004A-20260709

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.