
Ante a proximidade das datas de ceses e tomas de posesión do persoal que obtivo destino no concurso de traslados 2019, SPJ-USO vén de presentar escrito reiterando, un ano máis, a formación presencial para tod@s compañeir@s que o necesiten por mor do cambio de posto.
SPJ-USO, queremos denunciar a situación caótica que todo concurso provoca nos xulgados polo movemento de traballador@s. A Administración é responsable dela pero opta por deixaren abandonados á súa sorte a non poucos compañeir@s, sendo a propia vontade dos afectad@s e a sempre boa disposición do resto dos compañeir@s “acolledores” o que fai que a cousa funcione “daquela maneira”.
SPJ-USO sabe que ésta non é, a todas luces, a solución a este grave problema para un bo funcionamento da Xustiza, xa que é un problema que repercute negativamente no desenvolvemento do traballo e, en definitiva, na prestación do servicio público esencial ao que todo cidadán ten dereito.
Non podemos consentir que ás deficiencias estructurais que padecemos xunto coa falta de medios, se sume unha falta de formación eficaz, eminentemente práctica e presencial, por parte da Administración.
E, sobre todo, non queremos esquecernos de concretos órganos xudiciais xa de por si ao borde do suicidio, como son os Xulgados de Violencia sobre a Muller. Non é difícil imaxinar a situación…ou mesmo os Xulgados de Menores, de familia.
Por eso, SPJ-USO, diríxese unha vez máis directamente á Administración, para que por mor do concurso de traslado adopte como inequívoca solución aos graves problemas anteriormente descritos, A FORMACIÓN PRESENCIAL A TODOS OS COMPAÑEIR@S AQUÍ DESTINADOS.
Escrito reiterando formación presencial por mor do concurso de traslado


















