CONVOCATORIA DE CURSOS DE LINGUA GALEGA PREPARATORIOS DAS PROBAS PARA OBTER OS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4.

celga

Persoas destinatarias

Os cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga) poderán ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen mellorar o seu coñecemento e dominio do galego e preparar as probas que a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca perio-dicamente para certificar a competencia nesta lingua

Solicitudes e prazo

1. O prazo para presentar as solicitudes será de 15 días, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte

2. As persoas que desexen participar nestes cursos deberán cubrir o formulario de solici-tude, segundo o modelo PL600A, que se publica como anexo I, e dirixilo á xefatura terri-torial da Consellería de Cultura e Turismo da provincia que corresponda. Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezohttps://sede.xunta.gal

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

4. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sis-tema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

5.  Só se poderá presentar unha única solicitude e solicitar un único curso por persoa, aínda que sexan de modalidades distintas. De existir máis dunha solicitude da mesma persoa ou de solicitar esta máis dun curso, anularanse todas as súas peticións.

VER D.O.G.A

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.