SERVIZOS MINIMOS ANTE A CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O DÍA 11-11-2026

IMPORTANTE

ORDE do 6 de novembro de 2026 pola que se establecen os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 11 de novembro de 2026.

No ámbito da  Administración de Xustiza considéranse servizos esenciais necesarios para garantir o servizo público:

1. Servizos de garda.

2. Xuízos orais na orde penal de causas con preso.

3. Medidas precautorias ou provisionais en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisoria, entre outras.

4. Actuacións relativas á violencia de xénero e sexual nas seccións de violencia sobre a muller.

5. Actuacións urxentes do rexistro civil, tales como a expedición de licenzas de enterramento, entre outras, certificacións necesarias para obter documentos de obrigado cumprimento ou de deberes administrativos impostos ou para o exercicio doutros dereitos fundamentais e as de obrigado cumprimento prioritario e inescusable cuxa natureza será rexistral; inscricións de nacemento, defuncións, matrimonios…

6. Rexistro de asuntos e documentos en que venza un prazo preestablecido por lei e cuxo vencemento poida deparar perda de dereitos á cidadanía, así como a tramitación daqueles expedientes nos que venza un prazo perentorio e improrrogable e aquelas actuacións nas que venza un prazo improrrogable establecido na lei cuxo incumprimento poida afectar o dereito da tutela xudicial efectiva e aquelas cuxa urxencia veña determinada por un precepto legal ou polos bens xurídicos en xogo.

 como regra xeral esta Administración non fixou, en prol da protección do dereito de folga, servizos mínimos naquelas unidades que non atenden servizos esenciais, e estableceu, naquelas que si os atenden, as dotacións mínimas que os poidan garantir.

Entrando xa na concreta xustificación que motiva o número de efectivos establecidos para cada tipo de unidade, sinálase que:

No servizo común de tramitación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o establecemento dos servizos mínimos estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións en que venza un prazo improrrogable preestablecido na lei cuxo incumprimento poida afectar a tutela xudicial efectiva; causas con preso; actuacións relativas á violencia contra a muller; ou procesos declarados de carácter urxente pola lexislación procesual tales como despedimentos colectivos.

No caso da Secretaría de Goberno, órgano que se encarga das apostilas, establécese o mínimo necesario para atender os servizos esenciais.

Polo que respecta ao servizo común de tramitación das audiencias provinciais, estriba na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: actuacións en que venza un prazo improrrogable e preestablecido na lei cuxo incumprimento poida afectar a tutela xudicial efectiva; atención de sala en causas con preso; medidas cautelares (prisión provisional, liberdade provisoria…); medidas en materia de dereito de familia, incluídas as derivadas dos xulgados de violencia sobre a muller; ou actuacións en execución de sentenza que afecten dereitos fundamentais (liberdades…).

En xeral mantense o servizo de garda que ten carácter esencial.

En xeral, nos distintos servizos comúns, o establecemento dos servizos mínimos céntrase na necesidade de atender, entre outras, as seguintes cuestións: rexistro de asuntos en que venza un prazo preestablecido por lei cuxo incumprimento poida supoñer perda ou prexuízo de dereitos aos cidadáns; actuacións en que venza un prazo improrrogable preestablecido na lei cuxo incumprimento poida afectar a tutela xudicial efectiva; adopción de medidas cautelares ou provisionais urxentes cuxa demora dificulte a efectividade da tutela xudicial; procesos en materia de familia; internamentos; ou atención ás salas de vistas.

Nas oficinas das fiscalías, fundaméntase na necesidade de, entre outras cuestións, garantir as medidas cautelares ou provisionais urxentes en materia de familia, de violencia sobre a muller e de liberdade provisoria.

En relación ao Instituto de Medicina Legal e Ciencias Forenses de Galicia, fundaméntase na necesidade de garantir o servizo que lle é propio na materia: a prestación do servizo de garda; a asistencia médico-forense ao xulgado de garda; o levantamento de cadáveres; a asistencia para detidos e a vítimas de violencia de xénero e sexual; a asistencia nos internamentos; autopsias; a atención a aquelas actuacións en que venza un prazo preestablecido na lei cuxo incumprimento poida supoñer perda ou prexuízo de dereitos á cidadanía; ou a redacción de informes urxentes, entre outros.

A dotación dos servizos mínimos está constituída, por tanto, polo persoal que presta o servizo de garda e, así mesmo, por un/unha funcionario/a do corpo de tramitación, por canto o Imelga non conta con persoal funcionario de xestión, para dar soporte, rexistrar e dar trámite a aquelas actuacións urxentes descritas con anterioridade que poidan constituír servizo esencial.

Nas oficinas xerais do Rexistro Civil de cada localidade fíxase unha dotación dirixida a garantir unha maior protección do dereito de folga de forma compatible coa prestación do servizo á cidadanía daquelas cuestións de carácter urxente consideradas servizo esencial como defuncións.

Por último, nas oficinas de xustiza no municipio, fundaméntase na necesidade de garantir a apertura e o servizo esencial que lles é propio na materia, principalmente de Rexistro Civil.

Respecto á dotación, tamén neste suposto fíxase a dotación mínima (un/unha funcionario/a por oficina de xustiza do municipio) coa finalidade de garantir a apertura do servizo, dado que a ausencia deste/a único/a funcionario/a implicaría a paralización do servizo, asegurando así as funcións de certificación que lles son propias en materia de rexistro civil.

amplia información: ⤵️⤵️

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20261109/AnuncioG0759-051126-0001_gl.html

Comparte en redes o resume con la IA

Comentarios cerrados.