
▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃▃
A DXX remítenos Resolución do director xeral de Xustiza pola que se establecen instrucións específicas respecto a designación do persoal encargado de realizar os servizos mínimos, control e seguimento da folga xeral convocada para o 11 de novembro de 2026.
Non existe deber de comunicar, en ningún momento, a opción de secundar a folga. Con todo, e aos únicos efectos de realizar un adecuado seguimento desta, infórmase que o control realizarase a través da plataforma KRONOS. Así, o persoal que non fiche a entrada no día da convocatoria, entenderase, que salvo que teña algunha xustificación rexistrada, que secunda a folga.
Para o persoal que non dispoña de tarxeta identificativa, ou que por calquera circunstancia non poida fichar a través da plataforma kronos, deberá comunicar esa incidencia ao seguinte correo electrónico: xuridico.rrll.xustiza@xunta.gal
Establecemento de servizos mínimos:
Para facer efectiva a designación do persoal funcionario que debe prestar os servizos mínimos sinalados na Orde do 6 de novembro de 2026 pola que se determinan os servizos mínimos dirixidos a garantir os servizos esenciais ante a convocatoria de folga,
establécese:
1. Con carácter xeral, cando haxa máis dunha persoa do correspondente corpo, así como no resto de supostos, para a designación das persoas encargadas de facer os servizos mínimos, seguirase un criterio de orde alfabética do primeiro apelido do persoal funcionario.
2. No caso de que os servizos mínimos correspondan tanto a unha persoa do corpo de xestión como do corpo de tramitación, atenderase ao criterio da letra establecido no punto 1 con independencia do corpo ao que pertenzan, e polo tanto, sen que teña preferencia o corpo de xestión sobre o de tramitación.
3. Esa persoa designada terá como persoal substituto/a, a seguinte persoa á que lle correspondería segundo o establecido no punto anterior, salvo o establecido no punto seguinte.
Así mesmo, en relación á organización do servizo:
No caso de ausencias xustificadas do posto de traballo, a persoa designada será suplida pola seguinte persoa á que lle toque ser servizo mínimo.
▪️ Amplía información e accede ás instruccións: ⤵️
🔗 https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:75b473ac-d337-4538-b728-e619fe1da628


















