QUÍTATE A VENDA

VIOLENCIA

«Contra a violencia de xénero, quítate a venda”, ese é o noso lema deste ano para tratar de chamar a atención sobre o drama que cada ano se cobra miles de vidas en todo o mundo, de mulleres e menores, e que en España, desde que hai estatísticas oficiais (2003), contabiliza case 1.000 mulleres asasinadas a mans das súas parellas ou exparellas.

“Con esta campaña, queremos pedirlle a todo o mundo, non só a quen o padece, que non permaneza indiferente cando detecta unha situación de violencia de xénero, que se quite a venda e a enfronte en toda a súa crueza, tratando de axudar á vítima antes de que sexa demasiado tarde.”

Los comentarios están cerrados.