BOE E DOG: CONVOCADA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO POLO SISTEMA DE LIBRE DESIGNACIÓN PARA XESTORES E TRAMITADORES!!!

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convocan, para a provisión polo sistema de libre designación, postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, e de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

Participantes

1. Os postos de traballo que se convocan poden ser solicitados por persoal funcionario de carreira pertencente ao corpo do posto que solicita, calquera que sexa a súa situación administrativa, excepto que se encontre nalgunha das situacións previstas no número 2, sempre que reúna as condicións xerais exixidas e os requisitos determinados nesta convocatoria na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes e se manteñan ata a súa resolución

Presentación de solicitudes

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes segundo o anexo II, nas cales farán constar os seus datos persoais, o posto de traballo actual e o posto a que aspiran, no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse por vía electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o procedemento xenérico PR004A e achegando o anexo II coa solicitude.

Resolución e adxudicación de destino

Esta convocatoria será resolta pola Dirección Xeral de Xustiza e os nomeamentos efectuaranse no prazo máximo de dous meses, contados desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. O dito prazo poderá prorrogarse, excepcionalmente, ata un mes máis.

ACCEDE A RESOLUCIÓN DO BOE

ACCEDE A RESOLUCIÓN DO DOG

 

Comentarios cerrados.