PROPOSTA DE NOVOS XULGADOS EN GALICIA 2024 – A XUNTA PROPÓN 11 NOVOS ÓRGANOS SABENDO QUE PROBÁBLEMENTE SÓLO SE CREARÁN 3 DOS PROPOSTOS.

ATA AS NARICES

Proposta de creación de 2024 para Galicia, trala Comisión Mixta celebrada onte 21/3/2023:

  • Un xulgado de violencia sobre a muller en Santiago de Compostela.
  • Un xulgado de Primeira Instancia na Coruña e outro en Ourense.
  • Un xulgado do contencioso en Santiago de Compostela.
  • Un xulgado do social en Ferrol.
  • Outros xulgados de Primeira Instancia de Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Ribeira e Carballo. 
  • E dous maxistrados da sección penal -un na sección 2ª da Audiencia Provincial da Coruña e outro na de Pontevedra.

Respecto dos Xulgados de Violencia de Xénero, a proposta inclúe a previsión de estender nos dous próximos anos este tipo de tribunais ao resto de cidades galegas, xa que actualmente só A Coruña e Vigo contan con xulgado de violencia sobre a muller exclusivo e excluínte.

Conforme informou o Director Xeral de Xustiza na pasada mesa sectorial, a previsión é que sexan aprobados polo Ministerio sólo TRES novos órganos para Galicia 2024.

É previsible que non se aprobé a creación de ningún novo Xulgado nas Vilas, a pesar do que a Xunta propón neste caso Vilagarcía, Viveiro, Ribeira e Carballo.

A posta en funcionamento dos novos órganos que se aproben prevese para o 31 de decembro de 2023.

Dende SPJ-USO, tal como vos temos informado, fixemos as nosas propostas á Dirección Xeral de Xustiza e ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para creación de novos órganos para 2024, e consideramos de todo insuficiente a proposta remitida ó Ministerio.

A Xunta “vende políticamente” a creación de 11 órganos, cando a realidade é que se prevé a creación de sólo 3 Xulgados….. a xogada políticamente falando é fantástica, mais para a Xustiza galega é unha proposta “a todas luces insuficiente”.

Manterémosvos puntualmente informados.

 

Los comentarios están cerrados.