Unidades concurso de traslados cos códigos RPT – EQUIVALENCIAS

Unidades concurso de traslados cos códigos RPT – EQUIVALENCIAS

A solicitude de SPJ-USO a DXX remitenos  as listaxes das unidades do concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza convocado por resolución do 27 de outubro de 2025, nas que se inclúen os códigos da RPT.

👉 Procédese así mesmo á súa publicación na intranet e na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

📣 Estas listaxes teñen carácter informativo, corresponde ao Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relación coas Cortes a adxudicación dos postos.

▪️ _Amplía información:_ ⤵️

🔗 XESTIÓN https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:df550768-82fb-4e4a-bae1-7fb6ae6fe940

🔗 TRAMITACIÓN https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:c8d76783-10f7-4b13-9ad3-4d23feced305

🔗 AUXILIO https://acrobat.adobe.com/id/urn:aaid:sc:EU:2bb0c1a4-5437-4423-9948-574773e4972a

BORRADORES PARA NEGOCIACIÓN DE CARREIRA PROFESIONAL, PERMISOS E VACACIÓNS 2025, COMPLEMENTO VSM, COMISIÓNS DE SERVIZO, SUBSTITUCIÓNS E QUENDAS

SPJ-USO INFORMAPara  o voso coñecemento, nos seguintes enlaces podedes acceder ós diferentes borradores remitidos pola DXX para negociación na Mesa Sectorial convocada para o  18-11-2025.

– Proposta de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais XXXXXXXXXXXX para a implantación do Réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza.

Accede á Proposta_convocatoria_TRAXECTORIA PROFESIONAL

– Proposta de Resolución da Dirección Xeral de Xustiza sobre o goce das vacacións e permisos por asuntos particulares correspondentes ao ano 2025 do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia

Accede á Proposta Ampliación periodo vacacións 2025

– Proposta de Resolución pola que se regula un complemento retributivo por obxectivos do persoal funcionario destinado nas unidades xudiciais con competencias en materia de violencia sobre a muller

Accede á proposta COMPLEMENTO VSM

– Proposta de Resolución pola que se regula o horario especial e as condicións de traballo nas oficinas xerais do Rexistro Civil da Coruña, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra

Accede á proposta QUENDAS RC_- RESOLUCIÓN

– Proposta de Resolución pola que se establecen criterios para a cobertura de postos de traballo mediante comisión de servizos no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Accede á proposta COMISIÓNS_DE SERVIZO

– Proposta de Resolución pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de Xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia

Accede á proposta SUBSTITUCIÓNS

SPJ-USO: Manterémosvos puntualmente informados.

CONFIRMACIÓNS NOS POSTOS NA FASE III

A Dirección Xeral esta a remitir as CONFIRMACIÓNS   a través do notifica.gal, previamente recibiredes un correo electronico, ou un sms avisando da notificación.

De momento estanse  a recibir as notificacións por localidades e sen un criterio ordeado. 

Gestión, Tramitación y auxilio judicial estabilización concurso de méritos cupo discapacidad, Orden PJC/1357/2024: listado provisional de méritos de la fase de Concurso‼️

Gestión, Tramitación y Auxilio judicial estabilización concurso de méritos cupo discapacidad, Orden PJC/1357/2024: listado provisional de méritos de la fase de Concurso

Una vez publicados los listados, las personas aspirantes dispondrán de un plazo de diez días hábiles a partir del siguiente al de la publicación del acuerdo, para efectuar las alegaciones pertinentes.

▪️ Amplía información: 

🔗 GESTIÓN https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Gesti%C3%B3n-concurso-1357
🔗 AUXILIO https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Auxilio-Judicial-1357
🔗 TRAMITACIÓN https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadania/empleo-publico/acceso-libre/Tramitaci%C3%B3n-concurso-1357

ADXUDICACIÓN DE POSTOS SINGULARIZADOS (XEFATURAS) DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO NA NUMO

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve o concurso específico de méritos para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial da Administración de xustiza.

RESOLVO:

 Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada polas comisións de valoración do concurso específico.

 Resolver o concurso específico de méritos adxudicando os postos convocados ao persoal funcionario que se relaciona no anexo.

 Declarar deserto o posto do corpo de xestión procesual e administrativa denominado «Xestión-Xefatura de equipo SCT-TI Civil, Familia, CA e Social», de código XG92580002150366001.09, no centro de destino SCT_TI de Ferrol.

A toma de posesión producirase no momento da entrada en funcionamento da nova oficina xudicial o 31 de decembro de 2025.

ACCEDE A ADXUDICACIÓNS 

DOG ;ADXUDICACIÓN DE POSTOS SINGULARIDADOS

BOEADXUDICACIÓN DE POSTOS SINGULARIDADOS