Ante as consultas que nos estades a facer e rumores varios, RATIFICAMOS: SPJ-USO — sindicato que solicitou ampliar o desfrute de asuntos particulares e vacacións de 2026 ata o 31 de marzo de 2027 como vos temos informado (https://spjusogalicia.com/spj-uso-solicita-a-ampliacion-excepcional-do-prazo-de-desfrute-das-vacacions-e-asuntos-particulares-correspondentes-o-ano-2026/) — confirma que a medida xa está aprobada.
Esta nosa proposta de ampliación contou co voto unánime a favor das organizacións presentes na Mesa Sectorial de Xustiza e foi ratificada polo propio director xeral, tal e como recolle a acta da xuntanza.
O único trámite pendente é a súa publicación na intranet de Xustiza, que se fará efectiva nas próximas datas segundo nos confirma a Dirección Xeral.
▪️ Os teus DEREITOS, o noso TRABALLO!!






















